O martes 19 de novembro reunímonos en torno ao libro de Marta Robles “A mala sorte”. Esta lectura, de novo, non nos deixou indiferentes e deunos moito que falar:
A crise cando as crianzas chegan á adolescencia con todo os seus problemas.
A angustia das desaparicións.
Que estaríamos dispostos a facer para ser pais ou nais?
A paternidade e a maternidade actos de xenerosidade ou egoísmo?
Para rematar falamos sobre o tema central do libro, a maternidade subrogada:
Os ventres de aluguer negocio baseado no desexo convertido nun dereito. Moito deste negocios atópanse en países máis pobres, onde a pobreza, a marxinación e a desesperanza son razóns de peso para acollerse a este modo de gañar diñeiro. Tamén debatimos o tema da explotación da muller con fins reprodutivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario