viernes, 22 de noviembre de 2024

LECTURAS COMPARTIDAS ENTRE 1º E 4º

Lecturas compartidas polo 25N, "O chuvasqueiro de Aurora".


Martín e Mara de 4º E.P, viñeron a lernos un conto,"O chuvasqueiro de Aurora", ás aulas de 1º. Un libro imprescindible para traballar a violencia de xénero cos nenos e as nenas.
Un monstro chega a casa de Aurora todas as noites atemorizando á nena e a súa nai. Aurora síntese indefensa e asustada, e a súa nai regálalle un chuvasqueiro máxico para que faga desaparecer o medo que o envolve todo. Será suficiente? Poderá un chuvasqueiro axudar á protagonista deste conto?


 






Moitas grazas polo traballo chicos, encantounos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario