Todas as entradas do blogue
25 novembro
8 de marzo
AS FAMILIAS CONTAN
Actividades
Animacion á lectura
Aprendizaxe
Biblioteca creativa
Celebracións
Día do Libro
Escornabot
Letras Galegas
Medio Ambiente
RADIO ESCOLAR
Recomendacións
Violencia
Visita
autores.
banda deseñada
bibliotecas escolares
ciencias
club de lectura
conmemoracións
contacontos
contos na radio
contos na radio. radio na biblio
curtas
discapacidade
diversidade funcional
día da Paz
día da muller e a nena na ciencia
euquedonacasa
familias
formación
igualdade
libros
libros dixitais
libros electrónicos
mochilas
mulleres
poesía
voluntariado
África
Mostrando entradas con la etiqueta Medio Ambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Medio Ambiente. Mostrar todas las entradas
viernes, 10 de junio de 2022
lunes, 15 de junio de 2020
Canción 'Agua"
Neste día de festa en Mos traemos música, neste caso realizada con fins solidarios.
Elefantes e Manolo García lanzaron a canción 'Agua', composta por Shuarma, con letra de Shuarma e Benjamín Prado, coa que buscan contribuír ao traballo de Oxfam Intermón. Con cada descarga da canción ou a visualización do vídeo, captarán fondos que axudarán a encher nove camións cisterna de auga para as comunidades máis necesitadas do corno de África. Igualmente, os dereitos do tema, producido por Warner Music España, servirán para que Oxfam Intermón proporcione auga, saneamento e hixiene a máis persoas en coherencia co labor da organización que traballa para chegar aos 2.100 millóns de persoas no mundo que carecen de auga potable no seu fogar.
Unha preciosa canción chea de contido, tanto na letra, no fin que persigue asi como nas imaxenes que a acompañan!!
miércoles, 10 de junio de 2020
martes, 9 de junio de 2020
lunes, 8 de junio de 2020
Día Mundial dos Océanos
En decembro de 2008 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas resolveu que a partir de 2009, cada 8 de xuño se celebraría o Día Mundial dos Océanos. Esta conmemoración ten como propósito concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade humana ten para os océanos e poñer en marcha un movemento mundial cidadán a favor da xestión sostible destes, xa que son unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte esencial da biosfera.
O 2020 é un ano crave para os océanos. Neles atópase o 95% da vida do planeta, son os responsables de xerar osíxeno e lograr o equilibrio ecolóxico tanto acuático como terrestre. Pero en cambio, só un 3,5% da superficie mariña está protexida. O obxectivo fixado para este ano é o de chegar a unha protección de como mínimo o 10%, e non será fácil.
Fronte á gravidade da situación, a organización da ONU para o Medio Ambiente lanzou a campaña mundial #MaresLimpos, cambia a marea do plástico! Países, empresas e distintos persoeiros asinaron a súa adhesión á iniciativa. Pero o día a día das nosas propias prácticas cotiás e a capacidade de presión colectiva será clave para virar a situación: pensemos que un dos produtos máis habituais en moitas praias son as bolsas de plástico que, a día de hoxe e malia as diferentes campañas, aínda teñen un uso masivo entre a sociedade.
Cada minuto, o equivalente en plástico a un camión do lixo cheo é vertido ao mar.
jueves, 21 de febrero de 2019
VISITA DO CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO
De novo este ano contamos coa visita
das científicas e científico do Instituto Español de Oceanografía (IEO), con motivo da celebración do día internacional da muller e a nena na ciencia.
Foi un día intenso para os visitantes; asi realizaron para os máis pequenos e pequenas do centro un espectáculo de monicreques, onde lle amosaban características de algunhas especies mariñas, así aprenderon cal é a defensa que emprega o polvo cando se sinte ameazado, ou a razón pola que os peixes planos teñen os dous ollos no mesmo lado...
Tamén organizaron dúas charlas para o alumnado de primaria, onde lles explicaron, a groso
modo, o traballo que están a realizar nas nosas costas galegas.


Foi un día intenso para os visitantes; asi realizaron para os máis pequenos e pequenas do centro un espectáculo de monicreques, onde lle amosaban características de algunhas especies mariñas, así aprenderon cal é a defensa que emprega o polvo cando se sinte ameazado, ou a razón pola que os peixes planos teñen os dous ollos no mesmo lado...
Tamén organizaron dúas charlas para o alumnado de primaria, onde lles explicaron, a groso
modo, o traballo que están a realizar nas nosas costas galegas.
Amosáronlle distintas mostras de microalgas que
lle dan tonalidades diferentes ás augas (mareas vermellas) así como, os
diferentes materiais que se utilizan para recoller placton e algas. Outro
aspecto que trataron foi a importancia da cadea trófica para a nosa
alimentación e as consecuencias da contaminación mariña.
Finalmente fixeron fincapé na importancia das mulleres científicas e a pouca visibilidade que se lles da actualmente.
En definitiva un día moi interesante onde aprendimos moito dunha maneira moi lúdica.
![]() |

Dende aqui queremos agradecer a iniciativa destes proxectos de educar aos nenos e nenas na divulgación da científica, en concreto queremos agradecer a Isabel, Araceli e a Francisco de adicarnos o seu tempo e esforzo de preparar toda esta información.

viernes, 23 de febrero de 2018
VISITA DO CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO: CONTAMINACIÓN MARÍTIMA
Aproveitando a celebración do día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febrero), esta semana tivemos a sorte de contar no noso centro con tres mulleres científicas do Centro Oceanográfico de Vigo que viñeron a falarnos sobre a contaminación mariña, Isabel Ramilo, Virginia Filgueiras e Agueda Cabrero.
Todo o alumnado do centro puido disfrutar desta interesante actividade: dende os máis pequenos de 3 anos ata os maiores do centro, os nenos e nenas de 6º de primaria.
Divididos en catro grupos segundo a idade, os rapaces e rapazas aprenderon moitos datos interesantes sobre os lixos marinos, a contaminación das augas, o problema dos microplásticos e as súas consecuencias e tamén aprenderon a diferenciar os distintos tipos de plásticos segundo a súa composición mediante un taller manipulativo.
E como non podía ser doutra maneira puxeron en valor, mediante unha proxección, o importante traballo realizado por algunhas mulleres científicas, que foron olvidadas e ninguneadas, entre outras :Hipatia de Alejandría, Paulina Rubio H ,Rosalind Franklin, Marie Curie... e outras moitas, sen olvidar a Ángeles Alvariño, una muller galega oceanógrafa, zooplanctóloga e profesora precursora na investigación oceanográfica mundial (nome que leva un dos buques oceanográficos de Vigo)
Queremos dar as grazas a estas tres científicas que nos visitaron Isabel, Virginia e Agueda, por a súa contribución a ensinarnos a súa profesión, fomentando a mellora do medio marino, abrindo camiños a outras mulleres e por suposto por adicarnos o seu tempo nunha maña moi ilustrativa.








viernes, 2 de febrero de 2018
Mans para a Paz
Chegou o 30 de xaneiro, día para conmemorar a Paz e a non Violencia, dende a Biblioteca non quixemos pasar esta data sen que o alumnado reflexionará, para o cal montamos un expositor con libros de interese para traballar nesa semana e elaboramos un mural precioso cun planeta e encima unha gran pomba da paz, cunha frase alusiva a data e o tema do planeta , "A PAZ DO TEU PLANETA ESTÁ NAS TÚAS MANS"
O alumnado tería que plasmar as mans de cor azul e verde ( tema do PDI Planeta verde e azul). Así de bonito quedou a actividade:
Etiquetas:
conmemoracións,
día da Paz,
Medio Ambiente
lunes, 29 de enero de 2018
Soño cun planeta...
Neste curso o tema do noso proxecto documental integrado é Planeta verde-Planeta azul, dende a biblioteca quixemos aproveitar que este 26 de xaneiro celébrase o Día
Mundial da Educación Ambiental, para realizar unha actividade de concienciación para todo o alumnado do centro.
Se lle entrega unha bolboreta de diferente cor a cada alumno/a, que recortará ou picará , onde escribirá unha palabra ou frase a partir do lema: SOÑO CUN PLANETA… posteriormente a decoran e a colocan cunha chincheta na corticeira exterior da bibioteca.
https://www.youtube.com/watch?time_continue=3&v=XoXT5GD64fE
Así de precioso e interesante quedou esta actividade:
Se lle entrega unha bolboreta de diferente cor a cada alumno/a, que recortará ou picará , onde escribirá unha palabra ou frase a partir do lema: SOÑO CUN PLANETA… posteriormente a decoran e a colocan cunha chincheta na corticeira exterior da bibioteca.
https://www.youtube.com/watch?time_continue=3&v=XoXT5GD64fE
Así de precioso e interesante quedou esta actividade:
jueves, 25 de enero de 2018
Día Mundial da Educación Ambiental
O 26 de xaneiro, celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, cuxo obxectivo é concienciar á poboación mediante a educación, sobre a problemática Ambiental e a súa afectación á calidade de vida presente e futura, fomentando o camiño cara a un desenvolvemento sustentable.
Considérase que a primeira recomendación oficial internacional que expón utilizar a ferramenta educativa como resposta á problemática ambiental é a Declaración sobre o Medio Humano, documento final da Conferencia de Nacións Unidas sobre o Medio Humano, celebrada na cidade sueca de Estocolmo do 5 ao 16 de xuño de 1972.
Esta declaración é o punto de partida de toda unha serie de conferencias, reunións e programas que tentan desenvolver e definir o concepto de educación ambiental.
"A educación ambiental é un proceso permanente no que os individuos e as comunidades toman conciencia do seu medio e aprenden os coñecementos, os valores, as destrezas, a experiencia e, tamén, a determinación que os capacitan para actuar, individualmente e colectivamente, na resolución dos problemas ambientais presentes e futuros."
martes, 4 de junio de 2013
Día do Medio Ambiente
O 5 de xuño é o día mundial do Medio Ambiente, aínda que este día deberían ser todos, este ano o noso centro quíxose sumar a esta data limpando o patio do colexio de lixo, así na sesión despois do recreo todos e todas sairemos a recoller os despercicios, para demostrar que somos capaces de ter o noso patio limpo, como debería estar o noso planeta.
domingo, 21 de abril de 2013
Día da Terra
A proclamación do 22 de abril como Día Internacional da Terra supón o recoñecemento de que a Terra e os seus ecosistemas proporciónannos a vida e o sustento ao longo da nosa existencia. Tamén supón recoñecer a responsabilidade que nos corresponde, promover a harmonía coa natureza e a Terra a fin de alcanzar un xusto equilibrio entre as necesidades económicas, sociais e ambientais das xeracións presentes e futuras.Traemos un vídeo moi ilustrativo A Forest Year que recopila 40.000 imáxenes tomadas dende a ventá da casa do autor en 150 segundos de stop-motion; o resultado é como vai cambiando a vida do bosque durante 15 meses e se pode observar como a Gran Nai Natureza vai cambiando e renovándose.
a Forest Year from motionkicker on Vimeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















