Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de mayo de 2024

Actividades na semana das Letras Galegas

         

Un ano máis celebramos no centro a semana das Letras Galegas con actividades diversas:

Como cada curso,  especialmente nesta semana, nas diferentes aulas adícase a traballar a figura homenaxeada das Letras, neste caso Luísa Villalta.

A comisión da biblioteca organizou un recuncho cos libros da autora e un expositor, na entrada da biblioteca, coas novidades mercadas nestes dous últimos meses en lingua galega.

Ademais a Biblioteca sufragou e xestionou, para o luns 13 de maio, dúas obras de teatro co grupo de teatro Tarabelos para todo o alumnado.

O mércores 15 teremos durante toda a mañá o festival das Letras Galegas onde haberá actuacións de cada grupo de clase e proxección de vídeos de Luísa Villalta.


O xoves 16 de maio contaremos ca actuación no centro do músico Magín Blanco, subvencionado pola Comunidade de Montes de Tameiga.







------------------------------------------

Este ano o 17 de maio está dedicado á poeta coruñesa Luísa Villalta (1957-2004), coincidindo co vixésimo aniversario do seu falecemento.

Luísa Villalta naceu o 15 de xullo de 1957 na Coruña. Titulada superior de violín, a música foi un elemento principal na súa mocidade, chegando a formar parte da Orquestra de Santiago e da Xove Orquestra de Galicia.

Tras licenciarse en Filoloxía Hispánica e en Galego-Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela en 1982, apostou por dedicarse ao ensino.
Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución.

domingo, 25 de septiembre de 2022

ABRIMOS A BIBLIOTECA CA MÚSICA DE MARÍA JORGE

O venres 23 de setembro visitounos unha antiga alumna do colexio, María Jorge Bastos, actualmente docente e compoñente do grupo musical Caldo.
Ela realizou tres actuacións que foi adaptando segundo as diferentes idades do alumnado, con moita paciencia realizou actividades de movemento e atención, mostrou vídeos, deu explicacións e por suposto tocou o seu violín e deixou que o alumnado o tocara.

Agradecemos a María por agasallarnos con esta mañá preciosa chea de ritmo musical e aprendizaxes.





miércoles, 21 de septiembre de 2022

Visita de María Jorge

                                          

O venres 23 visítanos María Jorge Bastos para dar comezo ao curso escolar na Biblioteca. Ela foi alumna deste colexio e vai a estar con nós para amenizarnos ca súa música.
María comezou os seus estudos musicais na escola de música de Mos e posteriormente estudou o grado medio.
Logo de pasar por diversas bandas, chega ao grupo musical Caldo, co que  acada recoñecementos como o Premio Martín Códax da Música ou os Premios Narf do departamento da Coruña.
Desde hai 5 anos compaxina o seu traballo de intérprete coa docencia, na que descubre outra das súas paixóns.






miércoles, 7 de octubre de 2020

lunes, 15 de junio de 2020

Canción 'Agua"

 Neste día de festa en Mos traemos música, neste caso realizada con fins solidarios.
Elefantes e Manolo García lanzaron a canción 'Agua', composta por Shuarma, con letra de Shuarma e Benjamín Prado, coa que buscan contribuír ao traballo de Oxfam Intermón. Con cada descarga da canción ou a visualización do vídeo, captarán fondos que axudarán a encher nove camións cisterna de auga para as comunidades máis necesitadas do corno de África. Igualmente, os dereitos do tema, producido por Warner Music España, servirán para que Oxfam Intermón proporcione auga, saneamento e hixiene a máis persoas en coherencia co labor da organización que traballa para chegar aos 2.100 millóns de persoas no mundo que carecen de auga potable no seu fogar.
Unha preciosa canción chea de contido, tanto na letra, no fin que persigue asi como nas imaxenes que a acompañan!!

lunes, 25 de mayo de 2020

Rozalén - Aves Enjauladas

Traemos este vídeo musical de Rozalén, espero sírvanos de reflexión para seguir respeitando as normas de seguridade, agora que empezamos a saír libremente, porque senón teremos que voltar á gaiola.

O recaudado irá destinado a unha rede de pisos para mulleres e familias en riesgo de exclusión social que apoia a ONG @entreculturas.


jueves, 14 de mayo de 2020

Maria Silencio: Ricardo Carvalho-Calero

Traemos outro  fermoso poema de Ricardo Carvalho-Calero, esta vez da man do duo A Minha Embala que canta "Maria Silencio". Imaxens da nosa Terra con substítulos. 
A Minha Embala é un proxecto da angolana Aline Frazão e do segoviano César Herranz, que participaron co tema Maria Silêncio,  gañando o concurso Musicando Carvalho Calero no ano 2010, cuxo obxectivo é musicalizar a obra poética deste autor.
               

lunes, 4 de mayo de 2020

Teño unha dor: Carballo Calero

Este ano o Día da Letras Galegas adicánselle a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), que dende o ano 1981 asinou as súas obras e escritos como Carvalho Calero.
Para ir coñecendo a súa obra traemos este seu poema musicado.
Carmen Penim deulle  voz e música a este bonito poema e Maurizio Polsinelli encargouse do  piano e arranxos. Son o Dúo 2naFronteira. Disco que no 2015 gravaron "SONS DE NÓS" con poemas da revista Nós: Otero Pedrayo, Blanco Amor, Carballo Calero, Xosé Velo, Francisca Herrera, Bouza Brey... 
                 Preciosa poesía nunha preciosa voz!!

jueves, 30 de abril de 2020

SonDeSeu en confinamento

Chegou a min esta preciosa gravación realizada por SonDeSeu dende 62 móbiles, sen edición de audio posterior agás na ecualización e panoramización. Gravado polas músicas e músicos de SDS na semana do 13 ao 19 de abril.
Versión de Mar de Vigo, tema arranxado por Rodrigo Romaní presente no 1º CD de SonDeSeu de título homónimo.
A ver se atopades a María, a nosa ex-alumna, que nos visitou para inagurar a biblioteca.

lunes, 20 de abril de 2020

Hai unha liña

Adaptación do conto "El día de Manuel ". Tradución ao galego, letra adicional e música de Seso Durán.
"El día de Manuel" é un conto de María José Ferrada, ilustrado por Patricio Mena e editado en Chile e posteriormente en Japón.
11150527_979452858740368_4607276038558087783_n

viernes, 20 de marzo de 2020

O poder transformador da música

Uxía explícanos có proxecto de "María Fumaça" naceu como un agasallo ao seu sobriño Ruí, con diversidade funcional, e todo o que supuxo de positivo esta experiencia en torno á música, como poder transformador.
Estes días aproveitemos para realizar actividades en torno a música: escoitar e cantar, aprender cancións ou realizar caraoques, practicar con algún instrumento...


lunes, 16 de marzo de 2020

Actividades diferentes para quedarse na casa.

Nestes momentos, de alerta sanitaria,  en que a casa é o lugar onde debemos estar,  pódense realizar actividades variadas ao longo do día relacionadas ca  lectura, música,  arte,  plástica...
Propoñemos  diversas evasións para pasar mellor o tempo:
  • Biblioteca Dixital Mundial. A Unesco  permite a través deste enlace acceder a súa Biblioteca Dixital onde podemos atopar gravacións, películas, textos...
          https://www.wdl.org/es/
  • MÚSICA.  Estes caraoques  de  "Uxía Lambona e a Banda Molona“ para escoitar, bailar e cantar . Esta formación nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir os nenos/as.



  • PASEOS POR DIFERENTES MUSEOSPara aqueles que queiran irse de museo, poderán facelo virtualmente picando nas ligazóns  :
-MUSEO - THYSSEN. Neste enlace pódese ver en pantalla completa. Ten audio e explicacións en varios idiomas . No plano que aparece  permítese elixir planta e sala. Lembrar de seleccionar o idioma para o audio. 
http://www2.museothyssen.org/app/visita_virtual_Coleccion/visita_virtual_es_planta_1.html.

-MUSEO DO PRADO

https://www.museodelprado.es/en/the-collection/art-works

-BRITISH MUSEUM-LONDRES

https://www.britishmuseum.org/collection
  • GRAVACIÓNS. Un bo momento para descargarse o programa IVOOX para escoitar  os nosos e outros programas de radio.
https://www.ivoox.com/
  • CURTAMETRAXES: Este tipo de formato son ideais para ver e comentar en familia polo curta duración.
 Nesta animación obsérvase a importancia de botar unha man para sentirse mellor, aínda que na actualidade teñamos que empregar luvas ou desinfectalas posteriormente.





miércoles, 9 de octubre de 2019

Apertura da biblioteca con música de Maria

O venres 4 de outubro abrimos as portas da biblioteca, queríamos  festexar este evento e pensamos que a música sería un bo fío condutor, para o que contactamos cunha antiga alumna, María, que toca na orquestra SonDeSeu. Ela encandilounos ca súa fermosa música de violín, interpretando varias pezas tradicionais. 
Como eramos moitos para o espazo da biblioteca María tivo que realizar dous pases, un para os máis maiores e outro para os pequenos/as. Rematamos todos/as bailando o son dunha rumba.
Queremos dende aqui agradecer a María o esforzo por vir e o cariño que nos mostrou. 

Hugo e Lía foron os presentadores, estiveron xenial!





Veña a bailar!!

domingo, 21 de febrero de 2016

Daniel Minimalia mellor instrumentista.

O guitarrista e compositor ourensán Daniel Minimalia foi recoñecido de novo en Estados Unidos. Nesta ocasión a Minimalia outorgáronlle a medalla de prata nos Global Music Awards de San Diego. O galardón na categoría de mellor instrumentalista 2015 foille concedido polo seu tema «Ondas do sur», correspondente ao seu álbum «Areas de lúa». A academia dos Global Music Awards concede de maneira cuadrimestral as súas medallas de Ouro, Prata ou Bronce e publican aos gañadores exclusivamente na súa páxina web. Nestes premios non fan cerimonia, son exclusivamente realizados por internet.O certame premia a músicos independentes de todo o mundo.
ONDAS DO SUR é un tema do seu segundo disco "Areas de Lúa", neste fantástico tema colaborou Rosa Cedrón e a Fundación Cidade da Cultura, emprazamento onde tivo lugar a rodaxe.

jueves, 10 de diciembre de 2015

Presentación: "Aprendendo a ladrar"


"Aprendendo a Ladrar" é o segundo traballo discográfico de Xardín Desordenado. O grupo continúa a musicar poesía galega, desta vez dedicado a elas: 17 poetas galegas reunidas neste traballo. 
Un traballo elegante e delicado onde, respectando as mensaxes e os climas dos poetas, a sonoridade acústica e íntima converte os textos en swing, blues, bolero, bossa nova. 
As poetas incluídas en “Aprendendo a ladrar” son: 
-Lucía Aldao 
-Olga Novo 
-Yolanda Castaño 
-María do Cebreiro 
-María Lado 
-Marica Campo 
-Enma Couceiro 
-Luisa Castro 
-Iolanda Zúñiga 
-Rosalía de Castro 
-Luz Pichel 
-Cristal Méndez 
-Marta Dacosta 
-Chus Pato 
-Enma Pedreira 
-Estíbaliz Espinosa 
-Mª do Carme Krukemberg 
O venres día 11 de decembro, ás 20,15 horas,Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud(as voces de Xardín desordenado),achegaránse a Andel,nas Camelias 102 baixo (Vigo),para presentar este novo proxecto nunha versión íntima e moi emotiva.

miércoles, 27 de febrero de 2013

Alborada Jazz.Rosalía Castro

Nesta semana de Rosalía deixámosvos esta alborada realizada cos poemas da escritora, na que Abe Rábade Quartet, Guadi Galego e Anxo Angueira lle poñen voz e música.