Mostrando entradas con la etiqueta Radio na biblio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Radio na biblio. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de marzo de 2026

Programas de radio de 4º A


O venres 27 de  tivemos un obradoiro de radio, organizado pola biblioteca, impartido por Damián Alonso.

Damían, xa estivo noutras ocasións no centro, é dobrador de voz en series, películas e debuxos animados. 

Os rapaces e rapazas de 4ºA aprenderon a elaborar un guión de radio, a ser técnicos de son, a modular a voz e a falar coma se fosen verdadeiros locutores de radio. 

Foi unha mañá moi intensa, onde houbo moita atención, motivación e diversión. A continuación vai o resultado dese traballo realizado.

Programa de radio de 4ºB

 

O venres 27 de febreiro tivemos un obradoiro de radio, organizado pola biblioteca, impartido por Damián Alonso.

Damían, xa estivo noutras ocasións no centro, é dobrador de voz en series, películas e debuxos animados. 

Os rapaces e rapazas de 4ºB aprenderon a elaborar un guión de radio, a ser técnicos de son, a modular a voz e a falar coma se fosen verdadeiros locutores de radio. 

Foi unha mañá moi intensa, onde houbo moita atención, creación, motivación e diversión. A continuación vai o resultado dese traballo realizado.

miércoles, 4 de marzo de 2026

Programas de radio de 3ºB

 

O venres 27 de febreiro tivemos un obradoiro de radio, organizado pola biblioteca, impartido por Damián Alonso.

Damían, xa estivo noutras ocasións no centro, é dobrador de voz en series, películas e debuxos animados. 

Os rapaces e rapazas de 3ºB aprenderon a elaborar un guión de radio, a ser técnicos de son, a modular a voz e a falar coma se fosen verdadeiros locutores de radio. 

Foi unha mañá moi intensa, onde houbo moita atención, creación, motivación e diversión. A continuación vai o resultado dese traballo realizado.

Programas de radio 3ºA


 

O venres 27 de febreiro tivemos un obradoiro de radio, organizado pola biblioteca, impartido por Damián Alonso.

Damían, xa estivo noutras ocasións no centro, é dobrador de voz en series, películas e debuxos animados. 

Os rapaces e rapazas de 3ºA aprenderon a elaborar un guión de radio, a ser técnicos de son, a modular a voz e a falar coma se fosen verdadeiros locutores de radio. 

Foi unha mañá moi intensa, onde houbo moita atención, creación, esforzo motivación e diversión. A continuación vai o resultado dese traballo realizado. Esperamos que vos guste!!

domingo, 1 de marzo de 2026

Obradoiro de radio na biblio

 
De novo tivemos o obradoiro de radio na biblio impartido por Damián Alonso, que xa estivo noutras ocasións no centro.

  El é dobrador profesional; moitas das películas, documentais... que vemos habitualmente están dobradas por el.
  Ademais Damián é membro de Ponte... nas ondas!, unha Asociación Cultural e Pedagóxica que, desde  1995, realiza actividades educativas e culturais en Galicia e no Norte de Portugal. Entre os fins da asociación están a promoción de actividades culturais e pedagóxicas así como a promoción da identidade común dos dous pobos dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono.
  Damián realizou na mañá do venres 27 de febreiro dous obradoiros, un para os dous cursos de terceiro de primaria e outro para os dos cursos de cuarto.
  Na primeira parte ensinoulles a empregar a voz, a intensidade, o ton, o ritmo... Practicaron con diferentes textos. Na segunda parte por parellas mixtas elaboraron un guión, entre varios temas a elixir, a continuación ensinoulles as técnicas para gravar e realizaron a gravación de varios programas de radio.
 Foi unha mañá moi produtiva, o alumnado e profesorado aprendeu e desfrutou moito!
 Grazas Damián pola túa profesionalidade e cariño co que nos ensinaches!






jueves, 26 de febrero de 2026

Rosalía de Castro: Caldo de Gloria

Con motivo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro no noso centro realizáronse moitas actividades nas aulas sobre ela e o xoves 26 realizase un acto para todo o alumnado para dar a coñecer un pouco máis a escritora e  representarase a lectura "Caldo de Gloría",  que está dentro do poema "Miña casiña, meu lar".  
Na realizouse a gravación  a lectura "Caldo de Gloría".

jueves, 12 de febrero de 2026

Mercadiño solidario

O venres 13, día que celebramos o Entroido no centro , imos organizar un mercadiño solidario co obxectivo de recaudar fondos para a Asociación Española de Enfermos de Alexander (https://asociacionalexander.com.

Se porán á venda diferentes manualidades realizadas polo alumnado e profesorado. A través desta actividade traballamos co alumnado valores como a solidariedade, a empatía e a importancia de axudar ás persoas que o necesitan.

As manualidades poderán adquirirse mediante un donativo solidario, cun importe mínimo de 1 €, que será destinado integramente á asociación.

Animámosvos a participar e a compartir cos nenos e nenas esta experiencia tan especial.
Pablo e Valentina de sexto e Erick de terceiro gravaron un programa de radio explicando porque se realiza este mercadiño  de solidaridade.

viernes, 12 de diciembre de 2025

Tradicións do Nadal

O alumnado de sexto de educación primaria estiveron investigando sobre as tradición do Nadal, con esa información elaboraron un programa moi interesante de radio. 

lunes, 24 de noviembre de 2025

25 N: Programas de radio para traballar a igualdade e o respecto.

No CEIP Plurilingüe Peña de Francia levamos semanas traballando cunha enorme ilusión na creación de varios programas especiais arredor do 25N.
Trátase dunha iniciativa impulsada polo Equipo de Biblio e construída grazas ao esforzo conxunto de todo o profesorado e á participación de todo o alumnado do centro —desde Educación Infantil ata Sexto de Primaria—. 
Cada clase preparou seccións adaptadas á súa idade: entrevistas, noticias de actualidade, poemas infantís, reflexións e moito máis, convertendo esta experiencia nun auténtico proxecto común no que cada voz tivo o seu espazo.
Este proxecto é para nós moito máis ca unha simple gravación: é unha oportunidade para construír comunidade, para escoitarnos e recoñecer o valor das palabras cando se usan para crear un mundo máis xusto. Cada achega, cada idea e cada voz do noso alumnado e do profesorado formou parte dun traballo colectivo que hoxe compartimos con orgullo.

Grazas por acompañarnos nesta viaxe educativa e emocional, e por seguir facendo da nosa biblio un lugar vivo e transformador.

Aquí vos deixamos os programas, que agardamos que chegue a todas as casas co mesmo cariño e compromiso co que foi creado. 

A continuación  os enlaces dos tres programas realizados :

https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/F63NEXcmxJGiKAy


https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/bBiNTJbDxF62a4E


https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/4ra4zQKjBng6mLX

A continuación vai unha pequena reportaxe fotográfica dos diferentes momentos da gravación dos programas de radio.















martes, 11 de noviembre de 2025

Historias de Samaín: Un mundo estraño

 Roi, Juan e Paula de 6º de EP crearon en equipo unha histora de medo para o tempo de Samaín.

viernes, 7 de noviembre de 2025

Historias de medo de 2ºA

 O alumnado de 2ºA crearon e escribiron  en equipo as súas propias historias de Samaín, algunhas moi terroríficas, escoitade, escoitade!!

Samaín en 1ºA

 O alumnado de 1º A realizou un programa moi divertido sobre Samaín. 

jueves, 30 de octubre de 2025

Entrevista de despedida da profesora Tere

De novo temos que darlle a despedida do centro e do ensino a outra gran mestra, como á a nosa querida Teresa.

Nos vinte anos que leva con nós foi mestra en educación infantil e dende hai uns anos especialista en PT, tamén foi xefa de estudos, secretaria e directora, ademais de ser a presentadora, dinamizadora e animadora nos festivais e actos do centro…
Que dicir de Tere?? Comprometida, integra, humilde, entusiasta, acolledora, alegre, emotiva… Toda a comunidade educativa vaina botar en falta.
Desexámoslle o mellor nesta nova andaina!! 

Como en cada despedida realizámoslle unha pequena entrevista. Mara e Vera, de quinto de primaria, foron as encargadas de realizarlle as preguntas. 

martes, 28 de octubre de 2025

Historias de Samaín: A inxeniosa idea do esquelete

 Valeria, Borja e Pablo Comesaña crearon en equipo esta historia de Samaín.

Historias de Samaín: "Un medo pequeno con patacas"

 Daniel, Alba e Leia de 6º de EP crearon en equipo unha historia de medo por Samaín.

lunes, 27 de octubre de 2025

Historias de Samaín: Paula e Alba de 6º.

 Empezamos cas historias creadas polo alumnado con motivo de Samaín. Esta é a historia que crearon Paula e Alba de sexto.

jueves, 19 de junio de 2025

Entrevista de despedida da profesora Elisa.

 Outra das despedidas emotivas é a marcha para xubilarse  da profesora Elisa.

 Este curso remata unha etapa moi  bonita na súa vida profesional, pero ábreselle outro cheo de novas posibilidades, soños e retos por cumplir.. Vai ser difícil imaxinar o colexio sen a súa enerxía, a súa dedicación e ese sorriso que iluminaba cada día.
 Esperamos que esta nova etapa estea chea de alegría e bos  momentos. Feliz xubilación!
Realizámoslle unha entrevista, 
as encargadas de facela foron Alicia e Leyre Lorenzo de sexto.

Entrevista de despedida da profe Loli.

 Este final de curso vai ser de moitas despedidas, unha delas é especialmente emotiva, xa que se vai a profesora Loli do centro, para empezar outra etapa diferente fóra do ensino.

 Loli deixa unha fonda pegada no noso colexio, pero sobre todo en cada persoa que tivo a sorte de compartir o seu bo facer. Non só foi unha grande profesional, senón tamén unha compañeira leal e un exemplo de innovación, esforzo, ilusión, creatividade... Botarémola moito de menos.
Como é habitual quixemos realizarlle unha entrevista na radio, sobre todo este periodo no centro e expectativas de futuro. As encargadas de realizarlle as preguntas foron, antigas alumnas súas, Aldara e Noa.

Bo Camiño Valentiño!

 Pablo A., Paula, Mauricio e Leia de quinto de primaria gústalles moito gravar na radio e se lles ocurriu que mellor que ler un conto en lingua galega. 

Atrevéronse con libro "Bo Camiño Valentiño!" da editorial Miau.

miércoles, 18 de junio de 2025

Entrevista a Elisabet

Ao alumnado de 1ºA gústalle moito gravar na radio. Se lle propuxo realizar unha entrevista a súa anterior titora, Elisabet, que se marcha do centro. Entusiasmoulle a idea da entrevista e así saíu o programa.