jueves, 30 de octubre de 2025

Entrevista de despedida da profesora Tere

De novo temos que darlle a despedida do centro e do ensino a outra gran mestra, como á a nosa querida Teresa.

Nos vinte anos que leva con nós foi mestra en educación infantil e dende hai uns anos especialista en PT, tamén foi xefa de estudos, secretaria e directora, ademais de ser a presentadora, dinamizadora e animadora nos festivais e actos do centro…
Que dicir de Tere?? Comprometida, integra, humilde, entusiasta, acolledora, alegre, emotiva… Toda a comunidade educativa vaina botar en falta.
Desexámoslle o mellor nesta nova andaina!! 

Como en cada despedida realizámoslle unha pequena entrevista. Mara e Vera, de quinto de primaria, foron as encargadas de realizarlle as preguntas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario