Formación de Cómic para 4º de E.P impulsada polo Concello, tratando a igualdade e fomentando a escritura creativa.
Todas as entradas do blogue
25 novembro
8 de marzo
AS FAMILIAS CONTAN
Actividades
Animacion á lectura
Aprendizaxe
Biblioteca creativa
Celebracións
Día do Libro
Escornabot
Letras Galegas
Medio Ambiente
RADIO ESCOLAR
Recomendacións
Violencia
Visita
autores.
banda deseñada
bibliotecas escolares
ciencias
club de lectura
conmemoracións
contacontos
contos na radio
contos na radio. radio na biblio
curtas
discapacidade
diversidade funcional
día da Paz
día da muller e a nena na ciencia
euquedonacasa
familias
formación
igualdade
libros
libros dixitais
libros electrónicos
mochilas
mulleres
poesía
voluntariado
África
Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas
domingo, 11 de mayo de 2025
lunes, 18 de marzo de 2024
Banda deseñada en 4º
Na aula de cuarto de primaria estiveron traballando a banda deseñada durante este mes de marzo, aproveitando que o 17 celébrase "Día do Cómic e do Tebeo". Foron sesións intensas de moito traballo de escritura creativa, correción, decoración e creatividade.
Esta actividade gustoulle moito ao alumnado!! O resultado foi colocado nunha corticeira, decorando a aula.
lunes, 6 de febrero de 2023
Cómic de 4º sobre a vida saudable
Os alumnos e alumnas de 4º de primaria estiveron investigando e buscando información sobre a vida saudable. O produto final de todo o que aprenderon plasmouse nun cómic moi divertido e ilustrativo, que xa está na biblioteca para poder emprestar. Tamén se pode ler a través do código QR.
![]() |
| Preme na imaxe |
domingo, 9 de octubre de 2022
lunes, 27 de abril de 2020
Día Mundial do Deseño gráfico
O 27 de abril celébrase o Día Mundial do Deseño gráfico, que ademais de conmemorar un aniversario máis da fundación do Consello Internacional de Deseño (Icograda), é unha oportunidade para revalorizar esta profesión e a súa capacidade para xerar cambios positivos no mundo.
Aquí deixamos unha páxina para ler un montón de banda deseñada de balde, e por suposto para desfrutar do deseño gráfico de cada unha delas.martes, 21 de abril de 2020
Amani

Amani de Miguelanxo Prado, publicado por Retranca editora, tiñámola preparada para colocar nos andeis de banda deseñada e preparado como novidade no día do libro.
Un hipopótamo pacífico e tranquilo “especial”, que cada xeración vai aumentando entre os descendentes de Amani e Utamu (a parella que se namora del tan pronto o ve) e os que van chegando do grupo dos outros (os agresivos) por inadaptados.
Un álbum en formato grande e vertical, a favor da paz e da aceptación dun mesmo.
Un libro que xa está dispoñible tamén en catalán.
martes, 22 de enero de 2019
Bibliocarros de banda deseñada
jueves, 8 de febrero de 2018
Xinfu, na maldición guauchuki
Este cómic infantil está incluído na colección Merlín cómic, da que forman parte tamén títulos como Marcopola.
Destinado a partir de primeiros lectores (6-8 anos), vén acrecentar os títulos (aínda escasos) de banda deseñada infantil en galego, que poden formar parte dos fondos da biblioteca escolar ou ben dunha selección de cómics para as mochilas viaxeiras.
martes, 21 de febrero de 2017
Manual de escola

Chegou aos andeis da biblioteca este libro de banda diseñada do ilustrador e profesor Xosé Tomás, que tivemos a sorte de coñecer no centro na visita que nos fixera.
Manual de escola é un libro de humor gráfico que resume como o resultado de "conversacións, situacións e momentos álxidos na profesión da docencia"
No libro fala de sensacións, de sentimentos, pero sobre todo do importante que é o alumnado para que a aprendizaxe siga adiante.Manual de escola é un libro de humor gráfico que resume como o resultado de "conversacións, situacións e momentos álxidos na profesión da docencia"
domingo, 15 de enero de 2017
Aram o armenio
Un novo libro en banda deseñada en galego que nos encantou, Aram o armenio, que supón a primeira colaboración entre o guionista galego Abel Alves e a debuxante arxentina Majox, é unha historia que combina a dureza duns feitos reais (o genocidio armenio por parte do Imperio otomán) co cómic clásico de aventuras, en que a denuncia das violacións dos dereitos humanos convive cunha narración de entretenimiento apta para todo tipo de públicos. Un século logo dos feitos que hoxe en día o Estado turco segue sen admitir, este cómic serve para a súa reivindicación e para a denuncia de todas as atrocidades que se seguen cometendo no mundo.
miércoles, 11 de enero de 2017
Aleida, cidade sen alma
A primeira obra de Víctor Boullón, Aleida, cidade sen alma. Este libro en banda deseñada en galego recolle unha historia de aventuras e misterio con trasfondo histórico ao figurar detalles como a construción da catedral ou o conflito entre os arzobispados de Santiago e Braga. Esta obra está coeditada por Komic Librería e Demo Editorial.
A obra transcorre na Compostela de finais do século XII, onde Aleida, unha inquieta rapaza cuxo pai traballa nas obras de reforma da catedral, decide investigar unha morte producida no interior do recinto, aparentemente a causa dun lobo. Nun contexto de loitas políticas entre Compostela e Braga, introducímonos nunha aventura chea de misterio.
Xa está nos nosos andeis disposto a facer as delicias dos nosos lector@s.
Xa está nos nosos andeis disposto a facer as delicias dos nosos lector@s.
domingo, 10 de enero de 2016
Noveno 9, revista dixital de banda deseñada
Elaborada polo alumnado do curso profesional de O Garaxe Hermético.
O Garaxe Hermético, a escola dirixida por Kiko Dasilva, promove na rede a revista ‘Noveno‘, unha publicación que nace como ferramenta de aprendizaxe do alumnado matriculado no Curso Profesional de O Garaxe Hermético, Escola Galega de Banda Deseñada con sede en Pontevedra.
É unha revista para que os alumnos experimenten todos os parámetros necesarios para converterse nun profesional da banda deseñada. Cumprir con datas de entrega, o formato, o tema da revista, cumprir cuns parámetros de calidade para poder publicar. En definitiva Noveno é unha porta aberta aos futuros e futuras autores de banda deseñada do mañá, por iso convidámosvos a acompañalos na emocionante e difícil aventura de converterse en historietistas profesionais.
A revista dixital de 87 páxinas ofrécese sen prezo para que cada lector poida facer doazón da cantidade que considere. De acadar cartos suficientes farase un recompilatorio en papel das mellores historietas dos distintos número.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


.jpg)

.jpg)
.jpg)









