domingo, 9 de octubre de 2022

Club de lectura do alumnado

Volvemos a ter club de lectura de alumnado nas dúas aulas de 6º de E.P.

Un curso máis agradecemos ao IES de Ribeira en Torneiros o volver cedernos libros do seu catálogo.

En 6ºA o libro de “Cartas de Inverno”, versión en banda deseñada da novela do mesmo nome de Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea.

En 6ºB o libro escollido de narrativa foi a "A granxa dos animais" de George Orwel, da editorial Narrativa K.
Unha sátira contra as ditaturas, unha fábula moderna que critica os totalitarismos e a corrupción que enxendra o poder.





No hay comentarios:

Publicar un comentario