Mostrando entradas con la etiqueta día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da Paz. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de enero de 2025

Malala polo Día da Paz

 



Con motivo da celebración do Día Internacional da Paz, o alumnado de 1º A estivo a coñecer a figura Malala Yousafzai.
Malala é coñecida pola súa defensa dos dereitos humanos, en especial o dereito á educación e os dereitos das mulleres no Val de Swat, no noroeste de Paquistán, onde os talibáns prohibiran ás mulleres asistir ó colexio. A súa loita converteuse dende entón nun movemento internacional. Foi a persoa máis nova en recibir un Premio Nobel .
Como resultado de todo o que aprenderon naceu esta gravación. Aquí queda a súa aportación ao Día da Paz con este bonito programa de radio.

Aniversario dos noso equipo de mediación

Celebramos un ano da instauración do equipo de mediación do noso centro, coincidindo co Día  Internacional da Paz.  

Este equipo está formado por determinado  alumnado dos cursos superiores, baixo a coordinación do profesor Martín.
Por tal motivo o equipo se reuniu para realizar unha reflexión sobre a súa labor durante todos estes meses. A raíz desta valoración decidiron realizar un programa de radio, onde eles  realizaban preguntas e contestaban. O resultado foi unha gravación do máis interesante. Escoitade, escoitade!!





domingo, 26 de enero de 2025

Lecturas compartidas 4º -1º

 Achégase o Día da Non Violencia e da Paz e dous alumnos da clase de 4º viñeron a lernos  un libro, "Cinco minutos de paz".

Mamá Grande só quere uns minutos de tranquilidade na súa bañeira quente, espumosa e burbuxeante. Pero Lester, Laura e o bebé teñen tanta enerxía e fan tanto alboroto como sempre. A paz lle dura moi pouco a Mamá Grande.

Moitas grazas polo traballo chico. Encantounos!


lunes, 19 de febrero de 2024

Día da Paz en 1ºB

O alumnado de 1º B realizou un programa de radio con motivo do día da Paz.

jueves, 15 de febrero de 2024

Voando cas follas dos libros

 O alumnado de Educación Infantil en psicomotricidade, ademais de desenvolver o equilibrio, coordinación,..., traballaron en equipo e lle deron unha fermosa segunda vida a moitos dos libros descatalagados da biblioteca, convertindo as súas follas en plumas dunha fermosa POMBA DA PAZ.






lunes, 29 de enero de 2024

Libros para reflexionar sobre a Paz


O equipo da biblioteca realizou unha exposición do material que hai neste espazo sobre a Paz para poder empregar nestes días que se conmemora o Día Escolar da Paz e a Non Violencia.

A finalidade desta data é fomentar fomentar a tolerancia, o entendemento e o respeto mutuo entre personas.

Nas aulas de 5 anos leron o conto "Cinco minutos de paz" e reflexionaron sobre o que é a paz para todos. Despois xogaron coas letras que a forman e fixeron un mural con esta palabra tan importante, porque todas e todos necesitamos cinco minutos de paz!





jueves, 25 de enero de 2024

Club de lectura " EL CARTERO DE BAGDAD"

O martes 23 de febreiro tivemos o encontro cas alumnas de 6ºB que leron o libro "O carteiro de Bagdad" de Marcos S. Calveiro.
Unha lectura que levantou moitas sensibilidades e moita conversación, polo que decidimos realizar un programa de radio.
Neste programa plantéxanse preguntas e as van respondendo como auténticas xornalistas. O resultado é un programa con moi interesantes reflexións sobre como é a vida nun país como Irak, sobre as guerras e as situacións que se viven en torno a elas.
Unha gravación realizada e organizada por Lola, Emma, Uxía, Leire e Alicia.


jueves, 28 de enero de 2021

Conmemorando o día da non violencia con vacinas para a paz.

 


Decimos aproveitar os días previos á conmemoración da paz para sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da colaboración, do valor da empatía, de ser entre todos e todas un equipo... 
Usando como fío condutor o tema da grave pandemía que sufrimos quixemos que  cada clase elaborase unha vacina; onde  buscaran  palabras máxicas para lograr a paz e a ledicia; polo que se lle deu a cada clase unha xeringa para colocar as palabras que o fixesen posible  logrando así unha vacina. 
O resultado queda patente na seguinte foto:


miércoles, 27 de enero de 2021

Conmemoración da non Violencia e a Paz

Un grupo do alumnado de 5ºB, formado por Sira, Antonio, Mara e Kevín, realizaron unha gravación sobre a conmemoración do día da non Violencia e a Paz.








jueves, 6 de febrero de 2020

Estar en paz co Planeta

O PDI deste curso é o coidado do Planeta, cada mes hai unha tarefa que realizar con respeito a este tema. No mes de decembro, mes de excesos, foi o uso razoable de papel de regalo, moito dese papel trouxose ao centro para pesalo por aula, co obxetivo de concienciar e poder aproveitar ese papel nunha actividade, que foi realizar unha árbore con follas por aula e crear un lema de sensibilización. 
No propio día da Paz realizamos un acto onde se leu un manifesto en favor da Paz do Planteta, léronse os lemas de cada aula, veuse un vídeo do traballo realizado co papel e cantamos unha canción.
Por suposto dende a Biblioteca mostramos nunha exposición libros en torno a Paz para traballar nas aulas e na radio graváronse dous programas.


miércoles, 23 de enero de 2019

DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ

O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India,  Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduista o 30 de Xaneiro de 1948.
Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Na nosa biblioteca fixemos unha selección de libros para traballar A PAZ, con eles montamos unha exposición, para que  poidan utilizalos tanto mestr@s ou alumnado. Podendo disfrutar dela durante todo o mes de xaneiro.
  






viernes, 2 de febrero de 2018

Mans para a Paz

Chegou o 30 de xaneiro, día para conmemorar a Paz e a non Violencia, dende a Biblioteca non quixemos pasar esta data sen que o alumnado reflexionará, para o cal montamos un expositor con libros de interese para traballar nesa semana e elaboramos  un mural precioso cun planeta e encima unha gran pomba da paz, cunha frase alusiva a data e o tema do planeta , "A PAZ DO TEU PLANETA ESTÁ NAS TÚAS MANS"
O alumnado tería que plasmar as mans de cor azul e verde ( tema do PDI Planeta verde e azul). Así de bonito quedou a actividade:


lunes, 30 de enero de 2017

Guernica

Este ano en torno ao día da Paz imos ter coma protagonista O Guernica, aproveitando que estamos traballando o tema do arte. Un cadro que é un símbolo do horror e a crueldade das guerras.
Así na maña do día 30 de xaneiro todo o alumnado reconstruirá o cadro,como se fosemos a construir un quebracabezas, que despois no salón de acto se mostrará para tod@s, a montaxe que se realizará cas fotos  e unha proxeción de explicación da pintura.
                                
     Clica para información: Guernica de Pablo Ruiz Picasso
                                           Un vídeo sobre o Guernica en 3D, moi interesante

sábado, 28 de enero de 2017

Coñecendo a Kofi Annan


Kofi Annan naceu en Kumasi en 1938, político ghanés, estudou inicialmente na Universidade do seu país Ciencia e Tecnoloxía. Posteriormente, para completar a súa formación, viaxou a Estados Unidos, onde realizou estudos de Economía en Minnesota mediante unha beca que lle outorgou a Fundación Ford. Desde alí marchou a Xenebra, ao Instituto de Estudos Internacionais, e empezou a traballar na Organización Mundial da Saúde.Posteriormente e durante seis anos (1965-1971), Kofi Annan formou parte da Comisión Económica Africana, para máis tarde regresar aos Estados Unidos onde completou os seus estudos no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, no que estudou Administración de Empresas. Ao finalizar a súa preparación, volveu a Ghana, onde se encargou de promocionar o turismo do seu país ata que en 1976 foi contratado pola Organización das Nacións Unidas (ONU).Neste organismo foi subindo paulatinamente de categoría; así, en 1993 foi elixido máximo responsable das operacións de paz durante a guerra civil en Bosníaca-Herzegovina. Ata que, en 1996, foi elixido secretario xeral da ONU para o período 1997-2001, en sustitución de Butros-Ghali, co apoio de EE UU, país que desexaba especialmente unha drástica redución de gastos por parte de devandito organismo.
Educación para as nenas, educación para todos Kofi Annan

viernes, 29 de enero de 2016

Día Escolar da Paz e a Non Violencia

O 30 de Xaneiro día Escolar da Non-violencia e a Paz foi declarado por primeira vez en 1964, día na que se conmemora a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista
Esta iniciativa de celebrar esta data xorde do profesor español Llorenç Vidal. Esta celebración é, unha oportunidade educativa máis de contribuír a que os centros se convertan en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. Sendo conscientes de que a escola é un reflexo da sociedade, se fomenta  desenvolver no alumnado as capacidades e competencias necesarias para unha participación social activa.
Conscientes de todo anteriormente exposto, dende  a Biblioteca preparamos varios Bibliocarros da Paz, con material diferente para traballar nos distintos cursos, nesta semana previa ao día 30. Para rematar o día 29, dende as diferentes Comisións do Centro, preparamos un acto variado para despois do recreo: cun manifesto, un vídeo realizado no colexio das palabras bonitas elexidas polo alumnado e profesorado, unha curta especial e para rematar o Lipdub do curso pasado. Todo un día de celebración!!
 

jueves, 21 de enero de 2016

A bruxa Discordia. Cancións para a paz

Nestes días que as bibliotecas escolares seleccionan materiais para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, lembramos que Mamá Cabra e Carmen Gil que acaban de publicar o libro-disco A bruxa Discordia. Cancións para a paz na coleccción Sonárbore da Editorial Galaxia. As ilustracións son de Iria Fafián.

Galaxia explica que, A bruxa Discordia constitúe un álbum ateigado de valores positivos pensado e desenvolvido tendo en conta as necesidades dos nenos e nenas. Mensaxes como a importancia de compartir, de respectar ao próximo ou de convivir en harmonía escritas na súa propia linguaxe e transportadas a través dun dos vehículos máis eficaces: a música.
Material para os primeiros lectores e para acompañar no Día da Paz.