Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de junio de 2025

Memoria de actividades do curso 24-25

A continuación vai un resumo visual de parte do que se fixo dende a  Biblioteca durante este curso. 
Volveremos en setembro con enerxías renovadas e novas ideas.
Feliz verán e  fermosas lecturas!









 

jueves, 26 de marzo de 2020

Ideas para realizar na casa con nenos e nenas

                Pincha no enlace para ver o PDF coas actividades:



                      👉 IDEAS PARA FACER COS NENOS E AS NENAS


martes, 18 de noviembre de 2014

E TI... PARA QUE CRES QUE É BENEFICIOSA A LECTURA?

Aquí tedes o preciosa que quedou a parede de acceso á biblioteca coas aportacións dos alumnos e alumnas respondendo a esta pregunta.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración !!

LER É BO PORQUE...

lunes, 23 de junio de 2014

Clube de lectura

Este ano, durante os recreos dos mércores do segundo trimestre levouse a cabo un clube de lectura con nenos e nenas de sexto de primaria. O libro elixido foi Charlie e a fábrica de chocolate, de Roald Dahl.
Fixéronse moitas actividades: unha lectura compartida e posta en común, degustación de chocolate, buscaron información de Roald Dahl, e por último, unha sesión de cine!!!
Foi unha experiencia moi boa tanto para os nenos e nenas, como para as mestras Rosa e Isabel encargadas da actividade!
Aquí deixamos algunhas fotiños!!!



jueves, 10 de abril de 2014

Actividades da semana da poesía.

Aquí tedes as actividades que realizamos con motivo do Día da Poesía:

Bibliocarro Poesía: 
Un Bibliocarro para Infantil e outro para Primaria con libros de poesía que foi viaxando por tódalas aulas do centro.


Bibliocarro poesía - Video Maker

Recital no Día da Poesía:
Os nenos e nenas do centro prepararon as súas poesías que recitaron de diferentes maneiras: en grupo, individual, con teatro de sombras, acompañados de peluches... Pasámolo moi ben recitando poesías!

martes, 25 de marzo de 2014

Concurso Mandela

Celebramos no cole un novo concurso sobre Nelson Mandela con cuestións diferentes para o primeiro, segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria. Comprobamos que os nenos e nenas aprenderon moitísimo sobre a súa vida!

Mural de Nelson Mandela


Cuestións sobre Nelson Mandela

jueves, 20 de marzo de 2014

XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Do 14 de marzo ao 5 de abril celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, co título: COCIÑANDO CONTOS. Un suculento menú de obradoiros para nenos e adultos, contacontos, espectáculos, concertos, e moitas máis actividades. 
Animádevos a pasalo ben en familia rodeados de contos e aventuras!


martes, 11 de marzo de 2014

Os Bibliocarros

Dende a biblioteca, presentamos os Bibliocarros, carriños cargados de libros relacionados con temas de actualidade que estemos traballando no centro, e que estarán un día enteiro en cada aula, para pasar ao día seguinte a outros compañeiros. Aquí deixámosvos algunhas fotos do Bibliocarro da Paz, e estade atentos, porque moi pronto chegarán as aulas con temas novos!

martes, 15 de octubre de 2013

Formación curso 2013-2014

Aquí tedes aos nenos e nenas de Primaria do cole na formación do uso da bibilioteca.


jueves, 10 de octubre de 2013

Orbil agárdavos na biblioteca!!!!

Orbil abre as portas da nosa biblioteca hoxe, dez de outubro, cargado de novidades e aventuras para este curso 2013-2014. 

Aquí déixavos unha guía da biblioteca para lembrar como se organizan os libros, os horarios, o servizo de préstamo e algunhas normas.

E unha táboa cos horarios da biblioteca para este curso.

Esperamos a vosa visita!!

miércoles, 16 de noviembre de 2011

25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero



Estamos a vivir nunha sociedade que empeza a sensibilizarse e a rexeitar a violencia que se exerce contra das mulleres. A escola e a familia son ámbitos privilexiados dende os que se pode e se debe traballar para erradicala. Profesorado e, sobre todo, os proxenitores, xogan un papel decisivo no establecemento dos xeitos de relación das rapazas e rapaces. O exemplo é o que máis educa.
As criaturas aprenden dentro da familia a integrar as súas relacións,absorben como esponxas os xeitos de comportamento das persoas adultas e máis tarde na escola ao se relacionaren cos seus iguais van incorporando outra serie de habilidades sociais tales como cooperar, poñerse no lugar da outra persoa, facer amizades.Polo tanto, o traballo dende o sistema educativo tamén é necesario; a prevención da violencia de xénero convértese en algo ineludíbel e pode abranguer actuacións xerais, básicas e concretas. A escola debe ser o lugar para fornecer valores como o respecto, a igualdade dentro da diversidade e da diferenza, o espírito crítico, é un espazo onde se aprende a pensar, a analizar, a descubrir,...é por isto un dos sitios idóneos para previr calquera tipo de violencia.
Dende a Comisión da Biblioteca facemos unhas propostas encamiñadas a sensibilizar ao noso alumnado na difícil función de facer unhas relacións entre os sexos máis respectuosas e pacíficas.

PREME SOBRE OS ENLACES PARA VISUALIZAR O CONTIDO:





Violencia de xénero é toda aquela violencia que se produce contra a muller por pensar que esta é inferior. Non esquecemos países nos que a muller é maltratada polo mero feito de selo.  Non esquecemos o sufrimento, o medo, o terror...que padecen. Non queremos esquecer, por iso dende a escola imos elaborar un gran lazo de esperanza, que colocaremos na  entrada, para que posteriormente todo o alumnado coloque o seu encima.