Mostrando entradas con la etiqueta voluntariado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta voluntariado. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de octubre de 2025

Tarxetas de identidade para os/as bibliotecarios

 Por fin conseguimos realizar as tarxetas identificativas para os bibliotecarios/as, que tanta ilusión lles fai.


jueves, 17 de octubre de 2024

Acreditacións personalizadas

 Neste curso o noso voluntariado da biblioteca ten  acreditacións personalizadas, que se colocan ao chegar para desenvolvar as súas funcións. Que ilusión lles fixo!!

 





lunes, 30 de septiembre de 2024

Voluntariado preparado

Mañá comeza a funcionar a biblioteca, con ela empeza o voluntariado colaborador de quinto e sexto de primaria. De novo sorpréndenos a ilusión que espértalles esta actividade.

A semana pasada houbo formación para ensinarlles as tarefas que hai que realizar e para rematar asinaron un contrato de colaboración  e de responsabilidade. 


 

domingo, 1 de octubre de 2023

Acto de inaguración na biblioteca

           O venres 29 celebramos o comezo dun novo curso escolar na biblioteca con poesía e música.

  Realizáronse tres actos con diferentes cursos:

  1.  Primaria: 6ºA-6ºB- 5º e 4º.
  2.  Primaria: 1ºA-1ºB-2ºA-2ºB e 3º.
  3. E. Infantil: 4º-5ºA-5ºB-6ºA-6ºB.


As presentadoras dos actos foron Laura e Carla de 6ºA , tamén estiveron encargadas de ler e recordar o poema que creara para a nosa biblioteca Tania Dieguez, unha antiga alumna.

Os encargados de colocar o broche musical estiveron da man de Lía, violín, Martín, sasofón, e Álvaro co órgano; cada un deles  interpretaron varias pezas musicais.

Con alumnado tan voluntarioso as actividades son máis doadas, grazas a eles realizamos unha mañá especial. O noso agradecemento!!





jueves, 28 de septiembre de 2023

Visitas guiadas á biblioteca

  Esta semana  realizamos visitas guiadas das diferentes aulas á biblioteca para que coñeceran as normas que hai que seguir, situación dos diferentes materiais, a orde nos distintos andeis, pasos a seguir para localizar un libro… en ocasións houbo tempo para realizar algún xogo de busca do libros ou simplemente ler ou xogar co material da biblioteca creativa.





😇

jueves, 21 de septiembre de 2023

Formación voluntariado da biblioteca

 Semana intensa de formación nos recreos do voluntariado da biblioteca. En total trinta e dous nenos e nenas ofrecéronse para axudar.

O luns tocoulle ao alumnado de quinto de EP que quere realizar labores de bibliotecarios e bibliotecarias, despois de realizar as explicacións sobre as diferentes tarefas e solventar dúbidas, tiveron que asinar un contrato de colaboración e responsabilidade, que posteriormente levaron para casa xunto cunha libreta da biblioteca.

Ata este curso o alumnado de cuarto no realizaba labores de voluntariado, pero neste si que van colaborar, xa que  hai un grupo  que estaba moi motivado por axudar na biblioteca. Así que este martes viñeron no recreo a aprender e tamén recibiron unha libreta de agasallo.


Por último chegoulles o turno ao alumnado de sexto que tamén tiveron o seu recreo de formación.


Para a semana virán no recreo a axudarnos a pór a biblioteca a punto para poder abrila en outubro.

Non podemos estar máis contentas por tantos colaboradores e colaboradoras entusiastas. Grazas

lunes, 19 de septiembre de 2022

Voluntariado da biblioteca

De novo estamos felices co entusiasmo que esperta a colaboración na biblioteca, neste curso son trinta e seis os anotados/as para traballar, sendo o alumnado de quinto curso os que van ter máis presenza.
Así na primeira semana de curso este alumnado voluntario recibiu formación específica sobre as labores da biblioteca, normas, obrigas, horarios... Remataron a sesión lendo e asinando un contrato de colaboración.














domingo, 5 de junio de 2022

Voluntariado no cine

Premiamos ao voluntariado da biblioteca, que máis nos axudou na biblioteca, cunha tarde de cine.  

Este alumnado dedicáronlle a maioría dos recreos  a localizar libros e colocar etiquetas para a novo sistema de catalogación, chamado KOHA, ordenar andeis, préstamo e devolución... 
Grazas MARA, LUCÍA, PAULA, JIMENA e  SIRA . Elas axudaron que todo o traballo tiñamos que realizar fose máis rápido e ameno.




martes, 12 de octubre de 2021

Voluntariado

 Volvemos  a ter voluntariado da biblioteca, respetando sempre os grupos de convivencia estable. Como novidade neste curso os de 4º de EP poderan realizar tamén labores da biblioteca.




miércoles, 6 de noviembre de 2019

Novo voluntariado

Empezaron neste mes dezaoito novos voluntarios/as para a biblioteca, neste caso de 5ºB, como no anterior curso se lles informou de todas as tarefas asignadas, asinaron un contrato de colaboración e obtiveron unha libreta e un marcapáxinas de agasallo polo interés mostrado. As ganas de colaborar están garantizadas e de seguro que aprenderemos moito xuntas e xuntos!!

miércoles, 2 de octubre de 2019

VOLUNTARIADO

De novo este curso temos moito voluntariado da Biblioteca do curso de quinto, polo que estamos moi contentas/os, Anotáronse trinta e catro novos bibliotecarios e bibliotecarias, que non lles vai importar pasar os recreos axudándoo nas moitas labores que hai que realizar; para empezar recibiron formación, asinaron un contrato de colaboración e de responsabilidade e  moitos deles xa traballaron na posta a punto da Biblioteca para poder abrila. 
 Que marabilla empezar con estes ilusionados colaboradores/as!!!

BIBLIOTE-CARIOS/AS
2019-20
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
ENCARGADAS
ELENA
ISABEL
ELENA
ISABEL
ISABEL
MESES
SETEMBRO
OUTUBRO
DECEMBRO
FEBREIRO
ABRIL
5ºA
NICOLÁS
ODEI
LUCÍA
NEREA
5ºA
VALERI
ANTÍA
ESTRELLA
NOA
5ªa
XAIME
ADOLFO
CARLOTA
SARA
5ºA
HUGO
DUARTE
SABE-
LA
LIA
6º A
ORDEAR
RADIO


MESES
NOVEMBRO
XANEIRO
MARZO
MAIO
5ºB
OSCAR
HUGO
SERGIO
JUDITH
PAULA
5ºB
MANUEL
MARTIÑO
CARLOTA
UXÍA
ANDREA
5ºB
RAÚL
BRUNO
DANIELA
VICTORIA
5ºB
XOEL
MARTÍN
ZAIRA
MARIA-NA
6ºB
ORDEAR
RADIO











domingo, 21 de octubre de 2018

Voluntariado

Como en toda biblioteca que se precie hai un bibliotecario/a que asesora, presta, acompaña... por suposto a nosa tamén os ten, e moitos/as, tantos que houbo que organizar turnos por meses, en total cuarenta e dous voluntarios/as. Temos que decir que temos uns alumnos/as de quinto e sexto  con moita ilusión.
Como tivemos reformas houbo moito que ordear nos andeis, eles prestaron unha gran axuda e co seu entusiasmo o traballo fíxose máis levadeiro nos  recreos.
Realizamos cos novos que se incorporaban ao voluntariado, alumnado de quinto,  formación  sobre as diferentes tarefas encomendadas, leron e asinaron un contrato de colaboración que se comprometeron a cumplir en todo o  curso.



   
BIBLIOTE-CARI@S 2018-19
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
MESES





OUTUBRO
DECEMBRO
FEBREIRO
ABRIL
5ºA
RUI
DIEGO RAFAEL
ARIADNA
LIA
5ºA
ADRIAN
IZÁN
DANIEL
PAULA
IRENE
5ºA
MARIA
XIANA
CARMEN
SABELA
6ºA
AINHOA
DANIELA
TANIA
ESBEBA
6ºA
BREIXO
SARA
6ºB
NOA L
OSCAR
NOVEMBRO
XANEIRO
MARZO
MAIO
5ºB
ISRAEL
IVAN
EVA
SHERE-ZADE
5ºB
NICOLÁS
ainierO
CAROLI-NA
ANTÍA
5ºB
PEDRO
SARA
UXÍA
ERIKA
6ºB
ALBA
NOA A.
IRUNE
LORENA
6ºB
ANTÓN
UXÍA
LAURA
ANTÍA