Mostrando entradas con la etiqueta día da muller e a nena na ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da muller e a nena na ciencia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de febrero de 2026

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, proclamou o 11 de febreiro como "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia" para: Visibilizar o traballo das mulleres que se dedican á ciencia e a tecnoloxía co fin de crear referentes femeninos para a infancia que podan contribuir á elección.

A biblioteca quixo visibilizar cunha pequena mostra  algún do material que temos sobre este tema, para poder traballar nas aulas.




miércoles, 12 de febrero de 2025

Mulleres na ciencia

O alumnado de 3° e 4° recibimos unha visita moi interesante! E é que fixemos ciencia na biblio do cole. Pero non ciencia para nenos, senón ciencia de verdade! Descubrimos un montón de inventos feitos por mulleres, como o limpaparabrisas, o lavalouzas actual, os filtros do café... A que non o sabiades?? E ademais fixemos un montón de experimentos para comprobar eses inventos (e máis): como o xabón dispersa e limpa a sucidade, como separar as partículas de cor dunha pinga de tinta, como a auga pode desafiar a gravidade... E non só iso! Tamén comprobamos que o aire pesa ou que un billete de 5€ pode non arder! Foi xenial! Oxalá podamos seguir facendo experimentos científicos!!!

miércoles, 10 de febrero de 2021

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: programa de radio, libros e vídeos.

A data do 11 de febreiro foi declarado pola ONU como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia  "coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero”
Levamos varias cursos que esta data a celebramos traendo ao noso centro mulleres relacionadas coa ciencia, este ano por o tema do coronavirus non son posible as visitas, a pesar deste feito quixemos que o noso alumnado visibilice a labor das mulleres científicas, en concreto neste curso aquelas que impulsaron cos seus avances a medicina. Polo que no centro realizamos unha gravación de radio e puxemos a disposición do profesorado libros e vídeos ilustrativos para as aulas.
Con esta data queremos solidarizarnos  co movemento NoMoreMatildas, que é unha campaña, iniciada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) que busca denunciar as consecuencias do Efecto Matilda, en honor a Matilda Joslyn Gage, a primera activista en denuncialo, en  sinalar a inxustiza de forma sistemática, de ningunear os descubrimentos de brilantes científicas a longo da historia, privando desta maneira á sociedade de referentes femininos na ciencia.
Esta asociación publica un anexo para os libros de texto e tres biografías imaxinarias de Einstein, Fleming e Schrödinger, coas que reivindica unha maior presenza das científicas e as súas achegas nos libros de texto escolares.






A continuación varias mulleres pioneiras no campo científico:
FLORENCE NIGHTINGALE:PRECURSORA DA ENFERMERÍA MODERNA. 

ADA LOVELACE: PROGRAMADORA

JUNE ALMEIDA: DESCUBRIDORA DOS CORONAVIRUS