miércoles, 12 de febrero de 2025

Mulleres na ciencia

O alumnado de 3° e 4° recibimos unha visita moi interesante! E é que fixemos ciencia na biblio do cole. Pero non ciencia para nenos, senón ciencia de verdade! Descubrimos un montón de inventos feitos por mulleres, como o limpaparabrisas, o lavalouzas actual, os filtros do café... A que non o sabiades?? E ademais fixemos un montón de experimentos para comprobar eses inventos (e máis): como o xabón dispersa e limpa a sucidade, como separar as partículas de cor dunha pinga de tinta, como a auga pode desafiar a gravidade... E non só iso! Tamén comprobamos que o aire pesa ou que un billete de 5€ pode non arder! Foi xenial! Oxalá podamos seguir facendo experimentos científicos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario