Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de diciembre de 2022

Contacontos para o Día Internacional das persoas con diversidade funcional

 O 3 de decembro, é o Día Internacional das persoas con diversidade funcional. Este día estableceuse para promover os dereitos e benestar das persoas con diversidade funcional.

Respectar os dereitos das persoas con diferentes capacidades non é só unha cuestión de xustiza, senón un investimento no noso futuro común.
Neste 2022, o lema é o seguinte: "Solucións transformadoras para un desenvolvemento inclusivo: o papel da innovación para impulsar un mundo equitativo e accesible "
Dende a biblioteca quixemos dar visibilidade a esta data coa lectura dalgúns dos moitos libros que temos sobre diversidade.
O luns 5 de decembro, despois do recreo, o alumnado voluntario deste mes da biblioteca foi o encargado de realizar as lecturas compartidas polas diferentes aulas, dende Educación Infantil ata 4º de Educación Primaria. 
Todo un esforzo para o alumnado que sacrificou moitos recreos ensaiando a lectura dos libros. 
Os libros escollidos foron:
  • NUESTRA HERMANA PEPITA . UXÍA. 4º DE EP.
  • PEPITA ES ESPECIAL: ALICIA. 3º DE EP.
  • PROXECTO BARBADUS. EMMA-MARTINA. 2ºA-2ºB.
  • TOPITO TERREMOTO. LÍA E LOLA. 1º EP.
  • CADA UNO ES COMO ES. ANXO-HUGO. INFANTIL 5 ANOS B.
  • DISTINTA. LEIRE. INFANTIL 5 ANOS A.
  • RANA DE 3 OJOS. ANGEL-NOEL. INFANTIL 4 ANOS A E B.
  • MONSTRUO AZUL. CECILIA E LEIRE. 3 ANOS A.
  • 4 ESQUINITAS DE NADA. SARA-CRIS. 3 ANOS B.













domingo, 27 de noviembre de 2022

Actividades diversas en torno ao 25 de novembro

O noso centro na semana en que se conmemora o Día Internacional da eliminación da violencia de xénero realizamos actividades diferentes dirixidas e comprometidas para facer fronte a esta violencia, abrindo camiños para buscar a igualdade e o respecto entre homes e mulleres


Así realizamos unha gran árbore, na entrada da biblioteca, que lle chamamos “A árbore dos afectos” onde  cada clase colocou dúas palabras decoradas, en referencia a convivencia, previamente traballas e cada alumno/a plasmou a súa man nas ramas da árbore.

A biblioteca ofertou libros para traballar nas aulas, colocándoos nun moble visible.

As aulas traballaron de maneira diferente a data do 25 N para sensibilizar: dende a o visionado de vídeos e cancións, que se proporcionaron dende a biblioteca, lectura de libros de igualdade e incluso leron contos clásicos con estereotipos machistas, os  que tiveron que volver a reescribir e ilustrar. Clases que traballaron o tema rematando ca elaboración dun vídeo…
O venres 25 de novembro realizamos un acto no salón de usos multiples para todo o centro, onde o alumnado de sexto leu un manifesto sobre o significado desta data e o que se pretende, proxectaron unha presentación sobre o que implica o maltrato, tamén se viu un vídeo realizado polo clase de cuarto e para rematar cantamos e bailamos a canción de Guadi Galego “Chea de Vida”, que se traballara nas aulas para ese día poder cantala.





miércoles, 22 de junio de 2022

A biblioteca lugar de...

Ao longo do curso  vivíronse momentos deliciosos de desfrute na nosa fermosa e renovada biblioteca: de lectura,  xogos,  relax,  compartir, investigación, descubrimentos...











martes, 21 de junio de 2022

Unha vida de baloncesto


 O luns 20 de xuño tivemos na escola a visita de Sergio González que nos explicou a orixe do seu libro "Una vida de baloncesto" que traballaron os alumnos/as do primeiro ciclo e de 3º curso da educación primaria na área de Educación Física. Fixemos un repaso a súa traxectoria profesional e como o baloncesto foi clave no desenvolvemento da súa vida. Aproveitamos para que nos asinase os exemplares que temos na biblioteca e nos contase anécdotas e moitas experiencias no baloncesto! E é que o baloncesto, tal e como o define Sergio, é moito máis ca un deporte!




lunes, 20 de junio de 2022

Contacontos para o final de curso

O alumnado de 5ºB  rematou estes días de curso realizando unha das tarefas que máis lles gusta que é contar contos aos máis pequenos/as.

O luns 20 ás 11.30 as sesión de contacostos polas aulas  foron as seguintes: 
En  E.I. 3 anos A : Tres osos
En E.I. 3 anos B: Cerca
En E.I.  4 anos A : Paco Papán
En E.I.  4 anos B: O Crocodilo o que non lle gustaba a auga
En E.I.  5 anos:  A dragoa á que non lle gustaba o lume
En E.P. 1º: Se eu fose un gato






Creando cos libros

 Inspirados no artista Hervé Tullet  coñecido como "O príncipe do libro infantil" que nos invita a sentir, tocar e imaxinar,  os nenos e as nenas de 3 anos A e B desfrutaron co seu libro titulado ¡FLORES! ( comprado dende a biblioteca) Remataron creando un fermoso mural.



jueves, 2 de junio de 2022

Contos na radio: A dragoa a quen non lle gustaba o lume

Alex de 5ª A e Rihana de 5ªB realizaron na radio a lectura deste bonito libro.



domingo, 29 de mayo de 2022

Club de lectura de adultos/as: Un animal chamado Néboa

Este é o título elexido neste trimestre para o club de adultos/as que foi o 24 de maio ás 17.30 horas.
Un animal chamado néboa, da escritora viguesa Ledicia Costas, é unha novela histórica, composta por varios relatos, os cales están relacionados entre si  e todos acontecen na Segunda Guerra Mundial.
Este novo libro volveunos  a dar moito para falar; comentamos  os diferentes capítulos desta novela tan ben documentados, poidemos coñecer algúns dos persoaxes do que se falaban a través de internet e sobre todo tivemos tempo para reflexionar sobre as situacións de padecemento que   pode sufrir e facer sufrir as persoas...

. 

Por último decidimos ler no verán o libro "Americanah" da autora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie, pola que escritora gañou o Premio Nacional de Críticos do Libro 2013 de fición dos Estados Unidos.


lunes, 23 de mayo de 2022

Vídeo de Iria Misa

O alumnado de sexto e quinto de E.P. neste curso leron "A CIDADE DO ATOMO" da escritora Iria Misa. Ela tiña previsto achegarse ao centro pero non foi posible a visita polo que enviou un vídeo.


Tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súa evacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, ante a ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento. Todos agás Lena Petrov, diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugar entre as rúas e edificios baleiros...
Unha estremecedora historia ambientada na cidade fantasma de Prípiat, tras o desastre ecolóxico de Chernóbil.



domingo, 22 de mayo de 2022

María Canosa co alumnado de 3º

O xoves 19 de maio tivemos a visita da María Canosa, escritora do libro “As pombas de Bastián” que leron na aula de terceiro.
Nesa clase tiñan moitas preguntas para facerlle pois o libro ten un final aberto que os deixou con moitas dúbidas. María demostrounos que aínda que todos lemos as mesmas palabras cada un de nós constrúe na súa imaxinación a súa propia historia. As cousas que non se din nun libro deixan ao lector a posibilidade de imaxinalo… deste xeito todos podemos facer a historia un pouco nosa…
Aproveitando que estaba no centro o alumno quixo facerlle unha entrevista na radio cas preguntas que pensaran, os encargados/as de realizarlla foron Alicia, Joel e Ana. 
Encántanos ver os bos periodistas que son os nosos alumnos e alumnas ! Que interesante o que nos di a escritora!

Grazas María por regalarnos unha mañá tan educativa e entretida.





jueves, 19 de mayo de 2022

Visita de Ledicia Costas

 O mércores 18  de maio o alumnado de cuarto de E.P.  tivo a sorte de desfrutar da presencia no centro da escritora viguesa Ledicia Costas, con motivo da lectura do libro "A señorita  Bubble baixo cero". Un libro que lles gustou moito e espertou moito interese. 

Foi moi agradable voltar a ter visitas no centro, había moito ilusión por coñecer  a Ledicia por parte dos nenos e nenas, tiñan moitas preguntas e os libros para que lle asinaran.

Aproveitando esta visita fixémoslle unha entrevista, as encargadas de realizala foron Lía, Naia e Nerea.

Queremos agradecer a Ledicia que tivera a xentileza de achegarse ata o noso centro e a Miguel, da editorial Anaya, que fixo posible esta visita.