O xoves 19 de maio tivemos a visita da María
Canosa, escritora do libro “As pombas de Bastián” que leron na aula de
terceiro.
Nesa clase tiñan moitas preguntas para facerlle pois o libro ten un
final aberto que os deixou con moitas dúbidas. María demostrounos que aínda que
todos lemos as mesmas palabras cada un de nós constrúe na súa imaxinación a súa
propia historia. As cousas que non se din nun libro deixan ao lector a
posibilidade de imaxinalo… deste xeito todos podemos facer a historia un pouco
nosa…
Aproveitando que estaba no centro o alumno quixo facerlle unha entrevista na radio cas preguntas que pensaran, os encargados/as de realizarlla foron Alicia, Joel e Ana. Encántanos ver os bos periodistas que son os nosos alumnos e alumnas ! Que interesante o que nos di a escritora!
Grazas María por regalarnos unha mañá tan educativa e entretida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario