domingo, 22 de mayo de 2022

Visita de María Canosa en Infantil.

O xoves 19 de maio  a escritora María Canosa tamén estivo na biblioteca co alumnado de Educación Infantil, como eran moitos realizou dúas sesións con eles.
Entre todos contaron o seu conto "Unha fábrica de bicos" , puxeron os beizos para dicir U apertaron ben forte e deixaron voar unha morea de bicos. Ensináronlle os traballos que fixeran a raíz da lectura do seu libro.
Que ben o  pasaron e que ben se portaron!!

 Agradecemos a María o esforzo de achegarse ao noso centro desde Coruña e a editorial Anaya por facilitarnos esta visita.










No hay comentarios:

Publicar un comentario