Todas as entradas do blogue
25 novembro
8 de marzo
AS FAMILIAS CONTAN
Actividades
Animacion á lectura
Aprendizaxe
Biblioteca creativa
Celebracións
Día do Libro
Escornabot
Letras Galegas
Medio Ambiente
RADIO ESCOLAR
Recomendacións
Violencia
Visita
autores.
banda deseñada
bibliotecas escolares
ciencias
club de lectura
conmemoracións
contacontos
contos na radio
contos na radio. radio na biblio
curtas
discapacidade
diversidade funcional
día da Paz
día da muller e a nena na ciencia
euquedonacasa
familias
formación
igualdade
libros
libros dixitais
libros electrónicos
mochilas
mulleres
poesía
voluntariado
África
Mostrando entradas con la etiqueta discapacidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta discapacidade. Mostrar todas las entradas
jueves, 5 de diciembre de 2024
Día da diversidade funcional
Dende hai anos a biblioteca dende hai anos conmemoramos esta data tan importante, por un lado expoñemos libros que temos nos andeis sobre discapacidade para que o alumnado e profesorado poidan desfrutar deles.
Etiquetas:
Animacion á lectura,
Biblioteca creativa,
discapacidade
Pictogramas polo Día da Discapacidade
Polo Día da Discapacidade dende a biblioteca fixemos pictogramas para unha mellor procura dos libros. Grazas a este sistema estamos axudando a unha integración e inclusión do alumnado.
O pictograma representa de maneira máis ou menos realista un obxecto real, e así obter un significado.
martes, 3 de diciembre de 2019
Aprendendo das difererentes capacidades.
O 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapadidade, foi declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas mediante a resolución 47/3. O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
Para conmemorar este día realizamos unha exposición de libros de inclusión.
Ademais tivemos unha visita moi especial, a do coro do centro Terapéutico Ocupacional de Doral residencias, onde están presentes persoas con difererentes capacidades.
Este coro creouse no mes de decembro do ano 2018 co único fin de gozar e expresar as emocións e vivencias do día a día a través da música.
O grupo está formado por 28 compoñentes que todas as semanas ensaian e traballan na formación rítmica e musical de cancións con diferentes temáticas, que normalmente estrean nas festas que se organizan no seu centro ao longo do ano: Nadal, Letras galegas, Magosto e outras.
No día de hoxe que se celebra o Día Internacional da Discapacidade, ca súa actuación quixéronnos transmitir unha mensaxe de inclusión e resaltar que non hai barreiras tan grande que co esforzo e a constancia non se poidan derrumbar; unha mensaxe que nos quedou claro e nos emocionou.
Foi un día que nos serviu para que visitaran o noso centro, coñecernos e escoitar o seu repertorio musical, do que disfrutamos moitísimo, poidemos acompañar nalgunhas cancións, como "Aleluya" "No niño novo do vento" e en especial para o alumnado " a vaca marela", que a súa directora acompañou en todo momento ca guitarra.
Agradecemos que viñesen ao centro, foi unha lección fermosa de inclusión para todos nós.
domingo, 9 de diciembre de 2018
Aprendendo da discapacidade
O martes 5 de decembro tivemos a visita de varios alumnos/as de ACEESCA, un centro instalado en O Porriño especializado en discapacidade intelectual.
Estiveron dous grupos de alumnos-as, un foi a Infantil e outro a Primaria.
Os máis maiores e autónomos estivo co alumnado de sexto, que trouxeron un vídeo onde mostraban o que realizan no seu centro, posteriormente realizáronlle moitas e variadas preguntas sobre o seu día a día: que talleres e deportes realizaban, as comidas preferidas do comedor, asignaturas que lle gustaban e as que non, se lles gustaba ir ao colexio... eles foron respondendo con moita paciencia. A continuación os de sexto homenaxearon a visita contándolles o conto de Paco Papán e lles mostraron un vídeo que realizaron dunha parodía dun programa da televisión, despois xuntos marcharon ao recreo a merendar e a xogar ao fútbol.
Por outro lado, outro grupo de alumnado de ACEESCA foi á aula de 4 anos de Infantil, ali disfrutaron do conto " A eiruga glotona", merendaron xuntos na clase e posteriormente foron a xogar ao patio.
No patio o alumnado de 4ºA os estaban esperando para contarlle a historia de Elmer.
lunes, 3 de diciembre de 2018
Día da discapacidade
Este 3 de diciembre celébrase o día Internacional das Personas con Discapacidade.
A discapacidade é unha condición que afecta o nivel de vida dun individuo ou dun grupo. O termo úsase para definir unha deficiencia física ou mental, como a discapacidade sensorial, cognitiva ou intelectual, a enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas.
As persoas con discapacidade, a "minoría máis ampla do mundo", adoitan ter menos oportunidades económicas, peor acceso á educación e taxas de pobreza máis altas. Iso débese principalmente á falta de servizos que lles poidan facilitar a vida (como acceso á información ou ao transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos.
As persoas con discapacidade son máis a miúdo vítimas da violencia: os nenos discapacitados teñen catro veces máis posibilidades de ser vítimas de actos violentos, a mesma proporción que os adultos con problemas mentais.
A ignorancia é en gran parte responsable da estigmatización e a discriminación que padecen as persoas discapacitadas.
Está amplamente demostrado que, unha vez eliminados os obstáculos á integración das persoas discapacitadas, estas poden participar activa e productivamente á vida social e económica das súas comunidades. Por iso é necesario eliminar as barreiras da asimilación dos discapacitados á sociedade.
Dende a biblioteca queremos contribuir a eliminar barreiras concienciando ao alumnado, para que realizamos unha mostra de material con lecturas para a diversidade.

Ademáis este mércores recibimos ao alumnado do centro ACEESCA de O Porriño, centro de educación especial, ocupacional e centro de día, para disfrutar e traballar con eles durante unhas sesións, Asi o alumnado bibliotecario de 6º vailles preparar uns contos para ese día.
viernes, 1 de diciembre de 2017
Día da discapacidade
Para conmemorar o día Internacional das persoas con discapacidade, 3 de decembro, dende o centro programamos:
DURANTE
TODA A SEMANA.
Exposición na biblioteca de libros para
traballar a diversidade.
MÉRCORES
29 E XOVES 30. Saída
do alumnado de 1º e 2º de primaria ao centro E.V.D para realizar un obradoiro
coas residentes.
VENRES
1 DE DECEMBRO. Visita
no noso centro dunha persoa invidente da asociación ONCE para falarnos das súas
vivencias.
Durante todo o mes tivemos na escola unha gran caixa, enviada pola ONCE, con materias diferentes para persoas con discapacidade visual, para que o alumnado poidese manipulalos.
lunes, 13 de junio de 2016
Recinto Gris
Un día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























