O 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapadidade, foi declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas mediante a resolución 47/3. O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
Para conmemorar este día realizamos unha exposición de libros de inclusión.
Ademais tivemos unha visita moi especial, a do coro do centro Terapéutico Ocupacional de Doral residencias, onde están presentes persoas con difererentes capacidades.
Este coro creouse no mes de decembro do ano 2018 co único fin de gozar e expresar as emocións e vivencias do día a día a través da música.
O grupo está formado por 28 compoñentes que todas as semanas ensaian e traballan na formación rítmica e musical de cancións con diferentes temáticas, que normalmente estrean nas festas que se organizan no seu centro ao longo do ano: Nadal, Letras galegas, Magosto e outras.
No día de hoxe que se celebra o Día Internacional da Discapacidade, ca súa actuación quixéronnos transmitir unha mensaxe de inclusión e resaltar que non hai barreiras tan grande que co esforzo e a constancia non se poidan derrumbar; unha mensaxe que nos quedou claro e nos emocionou.
Foi un día que nos serviu para que visitaran o noso centro, coñecernos e escoitar o seu repertorio musical, do que disfrutamos moitísimo, poidemos acompañar nalgunhas cancións, como "Aleluya" "No niño novo do vento" e en especial para o alumnado " a vaca marela", que a súa directora acompañou en todo momento ca guitarra.
Agradecemos que viñesen ao centro, foi unha lección fermosa de inclusión para todos nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario