Este é o cuarto curso reuníndonos en torno a un libro, e cada vez somos máis, polo que estamos moi contentas.
Nesta ocasión o libro a ler foi o de Josefina Aldecoa "Historia de una maestra", lectura que como noutras ocasións deu moito que falar, da propia historia do libro, na que a protagonista rememora a historia da súa vida; unha mestra que percorre varios pobos nunhas condicións miserables, nun período decisivo na historia de España, desde os anos 20 até o comezo da Guerra Civil.
Por tanto as conversacións estiveron en torno ao tema da República coas súas promesas de grandes cambios, a loita contra a ignorancia e o caciquismo, o papel da muller nesas épocas, tamén tocamos o tema da revolución de outubro vivida nun pobo mineiro, a violencia e o brutal golpe de estado e a guerra civil.
Como non, falamos da evolución das condicións sanitarias das escolas públicas, das escolas da nosa infancia e dos mestres/as daqueles tempos.
Uns momentos moi agradables de charla en boa compañía, acompañado dun bo bizcoito caseira con froitos de outono.
Uns momentos moi agradables de charla en boa compañía, acompañado dun bo bizcoito caseira con froitos de outono.
Fermosa tarde de outono chuvia fòra e a biblioteca chea do calor de Guinea, do frìo de Leòn, do noso pasado e o pasado recente.
ResponderEliminarQuen dixo cicloxènese habendo lugares tan càlidos como a biblioteca do CEIP PENA de Francia , tanto calor humano que emana a sùa bibliotecaria e comparte con todas.
Grazas club de lectura por permitir vivir tantos mundos,