Mostrando entradas con la etiqueta Visita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Visita. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de octubre de 2023

Alumnado de Aceesca coñecendo a nosa biblioteca


O martes 3 de outubro tivemos unhas visitas especiais, viñeron a coñecer a nosa biblioteca unha parte do alumnado do centro de educación de atención ás persoas con diversidade funcional,  Aceesca de Porriño.
 Os nosos bibliotecarios/as recibiron con entusiasmo a visita de alumnos/as e profesorado de Aceesca. Compartiron con eles a nosa biblioteca, os nosos recunchos e cada un dos recursos. 
A nosa cabana para a lectura no exterior encantoulles! A nós encantounos recibilos. 







martes, 21 de junio de 2022

Unha vida de baloncesto


 O luns 20 de xuño tivemos na escola a visita de Sergio González que nos explicou a orixe do seu libro "Una vida de baloncesto" que traballaron os alumnos/as do primeiro ciclo e de 3º curso da educación primaria na área de Educación Física. Fixemos un repaso a súa traxectoria profesional e como o baloncesto foi clave no desenvolvemento da súa vida. Aproveitamos para que nos asinase os exemplares que temos na biblioteca e nos contase anécdotas e moitas experiencias no baloncesto! E é que o baloncesto, tal e como o define Sergio, é moito máis ca un deporte!




miércoles, 15 de junio de 2022

Visita de Sergio González e Rebeca Figueirido

 
O 20 de xuño visítanos  Sergio González actual director deportivo do CB Seis do Nadal de Vigo, para falar do seu  primeiro libro “Una vida de baloncesto” onde recolle  todas as experiencias que  viviu grazas ao seu recorrido neste deporte, a lo longo de seus anos como xogador, adestrador  e coordinador do club vigués.

Vai estar acompañado pola ilustradora do libro Rebeca Figueirido.

A charla vai dirixida ao alumnado de 1º, 2º e 3º de E.P, xa que o libro está pensado para esta idade, con letra cursiva. 

miércoles, 25 de mayo de 2022

Visita de Sabela Gago

O martes 24 de maio recibimos a visita de Sabela Gago, de Sarabela Teatro, que realizou un contacontos moi divertido para infantil e primeiro ciclo da educación primaria que fixo as ledicias dos máis pequenos do colexio co único poder (e moi importante) da palabra e a xesticulación! Rímonos moito e desfrutamos cos seus contos e as súas rimas. Esperamos contar con ela de novo o vindeiro curso!




lunes, 11 de mayo de 2020

Visita virtual de Ledicia Costas

Cando ao inicio de curso concretáronnos a visita para final de curso da prezada Ledicia Costas, puxémonos moi contentos/as, especialmente o alumnado de 4º e 5º que leron "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Pero a realidade actual de confinamento non fixo posible que viñera, de novo, ao centro; no obstante ela agasallounos cunhas fermosas e agarimosas verbas. Mágoa non tela preto para recibila co noso cariño, que lle temos, e darlle as grazas  por este libro que escribiu e que tanto nos gustou. 
Volvemos agradecer á editorial Anaya que fixo posible este encontro virtual e por suposto a Ledicia Costas!! 
Esperamos a súa visita en vindeiros cursos con libros novos!

"Escarlatina, a cociñeira defunta" tivo os seguintes premios : Merlín de Literatura Infantil 2014 -  Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 -  Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 -  Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015  e está na lista de Honra do IBBY, 2016 .  Tamén ecomendado pola "Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade" da Xunta de Galicia

domingo, 8 de marzo de 2020

Traballando a coeducación con Raquel Queizás


Para conmemorar este 8 de marzo tivemos a visita no centro de Raquel Queizás, Contadora de contos e actriz, que nos representou as historias de varios libros: Artur e Clementina, La aventura de Cecilia y el dragón, Oliver Button es una nena, Amelia Earhar e ¡Mesa trágame!.




Raquel fálanos de que "Os contos fomentan a empatía. É dicir, a capacidade de poñerse no lugar doutro e identificar as emociones alleas. Os contos son unha gran ferramenta para a coeducación, pero antes de ensinar hábitos, debemos aprender a ser, como dicía Aristóteles, a nosa mellor versión posible de nós mesmos. Esa é a felicidade. E para alcanzala temos que desaprender, criticarnos, ver e comprender, saber identificar unha contorna ou situación violenta tanto no ámbito doméstico, no ámbito escolar como no ámbito persoal. Só así poderemos cambiar o que non funciona".
Realizou un espectáculo onde o alumnado foi un elemento fundamental, participando dunha maneira continua, onde eles formaban parte da historia.
A montaxe efectuada sobre estes cinco libros foi moi lúdica, ilustrativa, por suposto educativa e con moito sentido do humor.
Maiores e cativos/as pasámolo en grande.


miércoles, 9 de octubre de 2019

Apertura da biblioteca con música de Maria

O venres 4 de outubro abrimos as portas da biblioteca, queríamos  festexar este evento e pensamos que a música sería un bo fío condutor, para o que contactamos cunha antiga alumna, María, que toca na orquestra SonDeSeu. Ela encandilounos ca súa fermosa música de violín, interpretando varias pezas tradicionais. 
Como eramos moitos para o espazo da biblioteca María tivo que realizar dous pases, un para os máis maiores e outro para os pequenos/as. Rematamos todos/as bailando o son dunha rumba.
Queremos dende aqui agradecer a María o esforzo por vir e o cariño que nos mostrou. 

Hugo e Lía foron os presentadores, estiveron xenial!





Veña a bailar!!

martes, 7 de mayo de 2019

VISITA DO MAGO MARCO

Durante a semana do libro tivemos  actividades e visitas moi interesantes no noso cole.
Unha delas foi a visita do MAGO MARCO, por certo tío  de Breixo, alumno de 1º .
Todos quedamos abraiados cos seus trucos de maxia, ou ilusións como a el lle gusta chamalos.
Ademais de facernos un espectáculo fascinante, tamén visitou a nosa biblioteca e os alumnos de 1º lle fixeron unha entrevista moi divertida  na nosa recén estreada radio escolar.


Deixounos titulares coma os seguintes:
 "A maxia hai que vela cos ollos da alma e do corazón"
" A maxia, ao igual que calquera outra cousa, apréndese nos libros, así que nunca deixedes de ler!!!









martes, 10 de mayo de 2016

María Da Pontragha

 O dia 6 de maio o alumnado de  5º e 6º tivo a oportunidade de disfrutar de dúas sesións con María  Da Pontragha, unha excelente contadora e educadora, que mantivo o interés do público, facéndoo participes das diferentes actividades prantexadas: dende historias de  tradición oral, contos con vocabulario actual onde os protagonistas eran os alumnos e alumnas,  música, e como non podía faltar baile. 
Unha gran profesional que conseguiu co seu bo facer prendarnos a tod@s;  fíxonos gozar das súas divertidas e entretidas historias.
O seu repertorio centrouse nos contos da xente e da terra, falas de hoxe e de onte, historias que viñeron e quedaron, en definitiva contos de tradición oral que nunca pasan de moda.
Agradecemos dende aqui a Consorcio Editorial Galego que  nos ofertou esta interesante  proposta educativa.






lunes, 4 de mayo de 2015

Abraham Carreiro

VISITA DO ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO
    O 24 de abril visitounos o ilustrador Abraham Carreiro.  Os  nen@s de 3º  disfrutamos dun obradoiro de debuxo donde Abraham nos explicou distintas técnicas  para expresar os sentimentos e os movementos nun cómic. Tamén fixemos, coa súa axuda, unha animación dun paxaro. Finalmente,  aproveitamos  para que nos asinase o seu último libro “Estudios Tex”.


martes, 18 de noviembre de 2014

VISITA DE JOSÉ ANTONIO PORRO


Os compañeiros de cinco anos e primeiro de primaria tiveron a sorte de desfrutar coa visita de José Antonio Porro que veu presentar o seu libro.