A historia de Órbil


A nosa Bibliomascota saíu dun concurso convocado no ano 2005, co obxectivo de que representara a nosa nova Biblioteca Escolar  e  que fose o seu símbolo.
            Presentaronse bastantes deseños ao concurso e, resultou premiado o traballo presentado pola alumna Andrea Diéguez Docampo, coa súa mascota chamada Órbil ( libro ao revés). Así é que desde o curso 2005-06 é a nosa mascota.

O xurado encargado de elexir o gañador/a o formou o equipo da Biblioteca Escolar e o profesorado especialista en Educación Artística.
Aquí tedes a súa historia.


Chámome Órbil. Son un pequeno saltarín e gústame ler todos os libros que teño o meu arredor. Cando leo libros teño ganas de leren máis e miña imaxinación medra, pero sempre teño o mesmo tamaño. Grazas aos libros podo ser o personaxe que queira e aprendo moitas cousas. Vin moitos sitios do mundo pero non en persoa senón nos libros.
Veño dun pobo o que ninguén lle gustaba ler. Un día fun a biblioteca e encontreime con todos os libros polo chan, tropecei cun libro e nunca fun capaz de quitarmo de encima ; este libro tiña por título “Historias do Colexio Pena de Francia”, do que me enterei despois que estaba nun Concello de Galicia na provincia de Pontevedra. Gustoume tanto ese libro que decidín buscar ese colexio para poder velo en persoa.  Tamén marchei do meu pobo porque todos crían que eu era un becho raro por querer ler.
Aparte de ler, teño outros hobbies: gústame moito o deporte, porque nun libro lin que “para ter unha mente san fai falta ter o corpo san”. Tamén me gusta ir a piscina a nadar para facer un pouco de exercicio e relaxarme un pouco. Gústame bailar, pero só bailo cando estou só, porque dame vergoña que me vexan os demáis. A verdade é que son un pouco tímido, menos cando estou con xente da miña confianza.
Hai pouco descubrín nunha biblioteca un ordenador polo cal podía conectarme a Internet e, hai milleiros de libros nos que podes consultar. Aínda que o que máis me gusta de Internet e poder falar cos meus amigos por escrito. Xa teño moitos amigos, pero gustariame facer máis no Colexio “Pena de Francia”.
Non pensedes que eu fago todo ben xa que teño moitos defectos: un deles é que me enfado moito cando alguén estropea un libro adrede xa que nos libros apréndese moito e nos distraen cando estamos aburridos. Outro defecto que teño é que me gusta falar moito dos libros que leo e logo fágame un pouco pesado. Teño outros defectos pero prefiro contalos noutro momento.
Esta é a miña vida. Agora estou sempre na Bibioteca do Colexio “Pena de Francia”, xa que me elixiron como a súa  bibliomascota o que me deu unha grande alegría.
Visitádeme cando queirades. Ata pronto
                                                                                            Órbil