Mostrando entradas con la etiqueta Escornabot. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escornabot. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de mayo de 2023

Vivenciando

Realizamos no chan un panel grande, na entrada principal, para traballar as ordes que hai que darlle os pequenos robots e a orientación. 

O alumnado  de infantil vivenciou nesta plantilla co seu propio corpo, para despois manexar os beebots e escornabots. 

Traballaron  a orientación espacial localizando diferentes insectos, xoguetes...





lunes, 3 de mayo de 2021

Educación viaria cos escornabots

O alumnado de terceiro traballaron os  sinais de tráfico en educación viaria cos escornabots, que mellor aprendizaxe que guiar a estes pequenos robots.






domingo, 10 de enero de 2021

Sumando en cinco anos cos escornabots

 Na aula de cinco anos aprenden de forma divertida. 

Primeiro  suman cos dados levando a ficha ao número que lle corresponde no taboleiro. Despois de  que teñen adquirido ese paso, aprenden a desprazar os escornabots ao número que lle corresponde da suma dos dados, para iso deben estar atentos e escoitar as instrucións dos compañeiros/as.






viernes, 17 de abril de 2020

Xogando ás adiviñas.

Quedaban actividades sen publicar. O alumnado de primeiro realizou unha tarefa que lles gustou moito cos taboleiros que temos de instrumentos musicais, consistía por orden en inventar unha adiviña con 2 pistas dun instrumento e o seguinte alumno/a levar o escornabots ao instrumento correspondente.





domingo, 26 de enero de 2020

Biblioteca creativa

Que divertido estar na biblioteca creando cos compañeiros e compañeiras!Neste caso é o alumnado de 3º.





jueves, 23 de enero de 2020

Xogando cos escornabots

Os recreos son un bo momento para xogar cos nosos pequenos robots, cando os diversos  traballos de bibliotecarios no lo permiten.




lunes, 24 de junio de 2019

Disfrutando da Bblioteca creativa

Estes días de remate de curso o material que temos na Biblioteca Creativa serviu para que o alumnado disfrutara aprendendo.







martes, 21 de mayo de 2019

Aprendendo cos escornabots en cinco anos

O  alumnado de  Infantil de cinco anos estiveron aprendendo  a utilizar os escornabots.  A actividade consistía en levar aos pequenos robots ata os nomes dos alumnos/as.

Preme na imaxe para ver o vídeo


lunes, 6 de mayo de 2019

Escornabots en música

O alumnado de colexio sigue empregando os escornabots da biblioteca para coñecer as figuras musicais e os diferentes instrumentos. Iria, a profesora de música, conseguiu entusiasmar con esta actividade aos rapaces e rapaces das diferentes aulas.
Prene sobre a foto


jueves, 18 de abril de 2019

Clase de música cos escornabots

O mércores 10 de abril o alumnado de 3ºA, 6ºA  e 4ºA fixeron a clase de música na biblioteca cos escornabots, traballaron as figuras,  os silencios e diferentes instrumentos musicais.
Estiveron moi atentos/as, o tempo pasou axiña e pasárono moi ben con estes pequenos robots. Unhas sesións perfectas e diferentes para aprender xogando.







martes, 11 de diciembre de 2018

Taboleiro “InventaMOS”


En relación ao PDI deste ano, InventaMOS , o alumnado está empregando un taboleiro escornabótico sobre os diferentes inventos coñecidos por eles, As imaxes escollidas corresponden os inventos que están traballando en cada clase neste trimestre. Para decidir a que imaxe vai ir o escornabot, o alumnado saca unha palabra ou descifra unha adiviña.

Programando ó teu colega

Actividade na que o alumnado de diferentes niveis iniciuse na linguaxe da programación, deseñando os comandos que realizaba o seu compañeiro/a, que facía o papel de robot.  Para iso, realizaron un circuíto nas sesións de Educación Física nas que ía guíando ao seu “colega robot” cos comandos que eles mesmos lle ensinaran. Actividades que lle gustaron moito .


lunes, 10 de diciembre de 2018

Montando escornabots

Unha tarde de martes realizamos, os mestres e mestras do centro, un taller para montar con todas as pezas  os robots, menos mal que hai persoas mañosas porque a labor requería paciencia e  meticulosidade . O final o logramos !!