Mostrando entradas con la etiqueta curtas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curtas. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de septiembre de 2020

Empezamos: Ler transpórtate

Empezamos este novo curso, que vai ser moi atípico, esperemos que logremos superalo con éxito. 
Que mellor que comezar transportándonos polo mundo da lectura.
Esta curta foi dirixida e composta por Erick Virgen.

jueves, 21 de mayo de 2020

A bolboreta Sabela


 "A bolboreta Sabela" foi  gañadora do cine curtas do CinEOI A Coruña 2011.
Curta de Alfredo Varela (2011), con guión de Clara Groba e debuxos de Iván e Alba Añón.

miércoles, 1 de abril de 2020

A importancia dos libros

Seguimos culturizándonos, con esta bonita e interesante curtametraxe, sobre a importancia de ter libros.

lunes, 30 de marzo de 2020

Cuerdas

"Cuerdas" é unha preciosa curtametraxe de Pedro Solís García, sobre a diversidade funcional. Gañadora do Goya® 2014 na categoría de "Mellor curtametraxe de animación español". Esperemos que sexa do voso agrado.

miércoles, 25 de marzo de 2020

Dragonboy

Unha bonita curtametraxe para este día, que sirve para falar aos nosos nenos/as sobre a igualdade de xénero e tentar desterrar moitos dos prexuízos.
O seu título Dragonboy e o asinan Lisa Allen, Bernardo Warman e Shaofu Zhang como proxecto final da súa estancia na Academy of Art University.
A historia nárranos a representación nun teatro dun conto clásico, onde os seus protagonistas son un príncipe, un «fero» dragón e unha doce princesa subida a unha torre, pero a historia non é o que parece...


                                          

lunes, 16 de marzo de 2020

Actividades diferentes para quedarse na casa.

Nestes momentos, de alerta sanitaria,  en que a casa é o lugar onde debemos estar,  pódense realizar actividades variadas ao longo do día relacionadas ca  lectura, música,  arte,  plástica...
Propoñemos  diversas evasións para pasar mellor o tempo:
  • Biblioteca Dixital Mundial. A Unesco  permite a través deste enlace acceder a súa Biblioteca Dixital onde podemos atopar gravacións, películas, textos...
          https://www.wdl.org/es/
  • MÚSICA.  Estes caraoques  de  "Uxía Lambona e a Banda Molona“ para escoitar, bailar e cantar . Esta formación nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir os nenos/as.



  • PASEOS POR DIFERENTES MUSEOSPara aqueles que queiran irse de museo, poderán facelo virtualmente picando nas ligazóns  :
-MUSEO - THYSSEN. Neste enlace pódese ver en pantalla completa. Ten audio e explicacións en varios idiomas . No plano que aparece  permítese elixir planta e sala. Lembrar de seleccionar o idioma para o audio. 
http://www2.museothyssen.org/app/visita_virtual_Coleccion/visita_virtual_es_planta_1.html.

-MUSEO DO PRADO

https://www.museodelprado.es/en/the-collection/art-works

-BRITISH MUSEUM-LONDRES

https://www.britishmuseum.org/collection
  • GRAVACIÓNS. Un bo momento para descargarse o programa IVOOX para escoitar  os nosos e outros programas de radio.
https://www.ivoox.com/
  • CURTAMETRAXES: Este tipo de formato son ideais para ver e comentar en familia polo curta duración.
 Nesta animación obsérvase a importancia de botar unha man para sentirse mellor, aínda que na actualidade teñamos que empregar luvas ou desinfectalas posteriormente.





jueves, 23 de abril de 2015

FELIZ DÍA DO LIBRO

Dende a biblioteca do CEIP Pena de Francia moi feliz día do libro. 
Non nos cansamos de disfrutar con esta preciosa curtametraxe: The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore. Foi dirixida no 2011 por William Joyce e Brandon Oldenburg. Gañou un premio Óscar na categoría de mellor curtametraxe animada. 

lunes, 2 de junio de 2014

Argine

miércoles, 14 de mayo de 2014

miércoles, 23 de abril de 2014

Os libros voadores.

lunes, 3 de marzo de 2014

Mr. Hublot

Esta curta de animación muda, que conta a historia dun home solitario que cambia a súa vida a partir da adopción dun can que se atopaba na rúa, foi premiada onte nos Oscars. Os seus directores son Laurent Witz e Alexandre Espigares, e trátase dunha coprodución entre Francia e Luxemburgo.

martes, 18 de febrero de 2014

O FARO

martes, 14 de enero de 2014

Gústame ler

domingo, 15 de septiembre de 2013

Lutins


viernes, 6 de septiembre de 2013

Destino

En 1946 Dalí coñeceu a Walt Disney. O encontro destes dous xenios deu lugar a unha das máis especiais colaboracións artísticas.O resultado foi 'Destino', un curto de animación que quedou inacabado xa que Disney, alegando problemas financeiros, abandonou o proxecto.
Durante 57 anos 'Destino' foi considerada unha película perdida. Pero en 2003 rescatouse e Roy E. Disney retomou e finalizou o proxecto do seu tío.

lunes, 12 de agosto de 2013

Bully

Esta curta está adicada a todas as vitimas, que por diversos motivos amosan moita paciencia.

miércoles, 24 de julio de 2013

A mosca

No tempo de calor é onde as moscas fan máis acto de presencia inoportuna e para mostra o vídeo creado polo director ruso Konstantin Bronzit, realizado no Studio en San Petersburgo, Rusia.

viernes, 12 de julio de 2013

O Soldadiño de Chumbo

O soldadiño de chumbo , a curtametraxe producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde, recolleu premios nos festivais Rec 09 (Ribadedeva en Corto), celebrado na localidade asturiana de Llanes e no Festival Pata Negra que tivo lugar en Guijuelo (Madrid). Así mesmo, a curtametraxe estivo seleccionada no festival internacional de stop motion 2009 Montreal. 
A curtametraxe conta coas voces de Luis Piedrahita e Manuel Manquiña, e coa composición musical de Emilio Aragón.


miércoles, 3 de julio de 2013

Traballando en equipo

Falando do traballo cooperativo, traemos unha mostra do importante que é o traballo en equipo.

martes, 21 de mayo de 2013

A bruxa.

Unha vella bruxa busca ao seu príncipe azul desesperadamente. Encontrará a vella bruxa do bosque ao seu príncipe? Divertida animación sobre a clásica fábula do príncipe enfeitizado, cunha bruxa que desexa ferventemente ser a princesa do conto.
Dirixida e con guión de Pedro Solís. Música de Kaelo do Río. Gañadora do Goya 2011 á mellor curta de animación.