Unha bonita curtametraxe para este día, que sirve para falar aos nosos nenos/as sobre a igualdade de xénero e tentar desterrar moitos dos prexuízos.
O seu título Dragonboy e o asinan Lisa Allen, Bernardo Warman e Shaofu Zhang como proxecto final da súa estancia na Academy of Art University.
A historia nárranos a representación nun teatro dun conto clásico, onde os seus protagonistas son un príncipe, un «fero» dragón e unha doce princesa subida a unha torre, pero a historia non é o que parece...
No hay comentarios:
Publicar un comentario