Mostrando entradas con la etiqueta contos na radio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contos na radio. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de junio de 2025

Bo Camiño Valentiño!

 Pablo A., Paula, Mauricio e Leia de quinto de primaria gústalles moito gravar na radio e se lles ocurriu que mellor que ler un conto en lingua galega. 

Atrevéronse con libro "Bo Camiño Valentiño!" da editorial Miau.

jueves, 23 de mayo de 2024

Greta Thunberg

 

Greta Thunberg é unha activista sueca que traballa contra o cambio climático e o quecemento global. Ela fíxose unha figura prominente por comezar a primeira folga escolar polo clima en agosto de 2018 ás portas do Parlamento sueco.
Ao alumnado espértalle moita atención que unha persoa tan nova sexa tan coñecida.
Na Biblioteca temos o libro de Jeanette Winter “Greta”, onde nos conta a súa historia.
Na aula lemos o libro e o comentamos, como queríano gravar na radio antes decidimos traducilo ao galego. Para finalizar realizaremos un código QR que se colocara no libro e poder escoitalo.
As encargadas de darlle voz foron Alba e Laura de 6ºA e Noa, Leire, Dani e Ana de 5º.



martes, 13 de junio de 2023

Contos na radio...Mapache quiere ser el primero

Rematamos por este curso no programa Contos na Radio co  título " Mapache quiere ser el primero" da editorial Nube ocho. Este libro o elixiu Alba Giráldez de 3º de EP por ser un dos seus preferidos, que foi a encargada de darlle voz. Encántanos esta actividade que esperta tanto interese!!



viernes, 12 de mayo de 2023

Unha vella tiña un can debaixo da cama

O alumnado de 2º de EP gravou o conto "Unha vella tiña un can debaixo da cama"



jueves, 4 de mayo de 2023

Contos na radio...SUPERHEROES DA ESCOLA


Nerea de 5ºA cóntanos este libro da editorial Triqueta Verde, escrito
 por José Carlos Román e as ilustracións de Leire Martín. Unha historia  sobre os poderes dos superheroes,  mostrarán todos os segredos que deben coñecer os nenos e nenas para se poder converter nuns auténticos superheroes no cole.

domingo, 23 de abril de 2023

Contos na radio... "Quero peixe"

 

María de 5º A deulle voz ao libro de "Quero peixe"da editorial Verdemar.
Quero peixe! é un conto islandés para nenas e nenos que saben o que queren. Escrito e ilustrado pola premiada autora Áslaug Jónsdóttir, narra a historia dunha nena que ten moi claro o que desexa, pero nin papá nin mamá semellan entendela. Un relato divertido.

Contos na radio..." Imos cazar un oso"

 


Lía de 5ºA deulle voz ao conto " Imos cazar un oso" da editorial Kalandraka.


A partir dunha canción tradicional, Michael Rosen elabora un texto sinxelo cunha estrutura rimada e repetitiva que, no clímax do relato, invirte a orde de todas as accións. É un álbum ideal para primeiros lectores.

Contos na radio... Maruxa


Con motivo do Día do libro Uxía, de 5º A de Educación Primaria, gravou ca súa voz o texto do libro de  " Maruxa" da editorial Kalandraka. Despois editaremos un código de barras para poder escoitalo.

Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Pepiño cantaba, folgaba e durmía. Mais un día… Maruxa decide dar unha lección ao seu marido.

sábado, 24 de octubre de 2020

Contos na radio: Mi papá.

 Seguimos cos contos na radio.

 Nesta ocasión son Alba, Laura e Mateo de 3º A, os que lle dan voz ao fermoso libro de Anthony Browne "Mi papá" .



Contos na radio: Topito Terremoto.

Esta vez foi todo o alumnado de 4ºB o que se encargou de narrar o libro "Topito Terremoto" de Anna LLenas. 

Unha historia sobre a hiperactividade e cómo aprender a canalizar unha desbordante enerxía sen prexuicios, para que os máis pequenos/as comprendan  e empecen a sentirse ben con eles mesmos.

domingo, 8 de marzo de 2020

Contos na radio: O libro dos Porcos

Manuel, Cristhian, Diego e Ainier déronlle voz ao libro dos Porcos de Anthony Browne, da Editorial Kalandraka. 
Un libro onde se fala da necesidade da corresponsabilidade das tarefas domésticas.
Corresponsabilidade significa responsabilidade compartida, é decir, que as mulleres e os homes teñamos un reparto equitativo de responsabilidades, tarefas, traballos, porque iso é un beneficio para todos e todas:
-Igualdade entre homes e mulleres
-Relacións sin tensións nin conflitos
-E por  último, poder disfrutar do tempo de ocio todas e todos por igual.

domingo, 24 de noviembre de 2019

Contos na radio:El monstruo


Zaira, Carlota, Andrea e Martiño, bibliotecarias/o de 5ºB , puxémolles  voz ao   libro de Daniel Martín Castellano "El Monstruo", con motivo do  25 de novembro.
Este libro trata  de como viven dous nenos cun monstro na súa casa.  Esperemos que vos guste.





miércoles, 10 de abril de 2019

Xaime a as Landras: Contos na radio

A semana pasada fixemos a nosa primeira gravación de radio, atrevémonos a porlle voz ao conto de Xaime a as Landras. Tania,  Daniela e Raquel bibliotecarias de sexto foron as encargadas de interpretar este fermoso conto de Tim Bowley.