Todas as entradas do blogue
25 novembro
8 de marzo
AS FAMILIAS CONTAN
Actividades
Animacion á lectura
Aprendizaxe
Biblioteca creativa
Celebracións
Día do Libro
Escornabot
Letras Galegas
Medio Ambiente
RADIO ESCOLAR
Recomendacións
Violencia
Visita
autores.
banda deseñada
bibliotecas escolares
ciencias
club de lectura
conmemoracións
contacontos
contos na radio
contos na radio. radio na biblio
curtas
discapacidade
diversidade funcional
día da Paz
día da muller e a nena na ciencia
euquedonacasa
familias
formación
igualdade
libros
libros dixitais
libros electrónicos
mochilas
mulleres
poesía
voluntariado
África
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións día do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións día do libro. Mostrar todas las entradas
miércoles, 26 de abril de 2023
Celebrando o Dia do libro co apadriñamento lector
A actividade consiste en que cada madriña e padriño a partir de 3º de E.P. foi a buscar ao afillado ou afillada para lerlles un conto no patio . O emparellamento fíxose da seguinte maneira:
Etiquetas:
Animacion á lectura,
Celebracións día do libro
domingo, 23 de abril de 2023
Contos na radio... "Quero peixe"
Quero peixe! é un conto islandés para nenas e nenos que saben o que queren. Escrito e ilustrado pola premiada autora Áslaug Jónsdóttir, narra a historia dunha nena que ten moi claro o que desexa, pero nin papá nin mamá semellan entendela. Un relato divertido.
Etiquetas:
Celebracións día do libro,
contos na radio,
RADIO ESCOLAR,
Radio na biblio
jueves, 20 de abril de 2023
Unha viaxe polos libros
Realizamos o terceiro club de lectura do curso neste mes de abril co libro "La cena"; no que volvemos a desfrutar da diversidade de opinións e experiencias que expertou esta lectura.
A continuación a reflexión enviada por unha entusiasta lectora do noso club de lectura:
“Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro” Emily Dickinson
Rematou o club de lectura pero non remata aquí a viaxe.
Atopámonos en lugares afastados en espazo, en tempo, en formas diferentes de ver e entender a vida, en paisaxes e paises tan diferentes entre si como as persoas que fomos coincidindo na viaxe.
Espertamos con “Cabalos e lobos” nunha cidade de Vigo descoñecida, na que había alemáns,suicidios,asaltos da policía , boa arquitectura, dolor e alegría,...
Vivimos con “A nai de Frankenstein” o poder da igrexa no estado, a desvalidez das mulleres nas institucións mentais, a desvalidez dos propios facultativos que pretendían dignificar a vida das pacientes, a obsesión compulsiva do poder de ser cada vez máis grande negando e ocultando a verdade, sempre,...
Viaxamos coas “Crónicas de Jerusalén” pola banda deseñada, abríndo os ollos a realidade dese recanto do mundo tan insignificante dunha forma informal pero moi profunda abrindo os ollos a realidades esquecidas e presentes á vez.
Estivemos “Na cea” intercambiando opinións do que faríamos se nos pasara a nós algo parecido na nosa viaxe.
Saímos de Irán e percorremos media Europa con “Persépole” conseguindo rir nas situacións máis angustiantes,...
Sufrimos o agobio da Atenas colapsada pola crise giega co inspector Jaritos en “Liquidación final”, que forma angustiante de ir dun lado para outro con atascos en todas partes e vivir a Atenas clásica coa actual
Desfrutamos da gastronomía dos lugares ofrecida pola persoa que pilotaba a nave (bicas, froitas apetitosas de texturas e sabores especiais, tempo,..rico tempo que compartiu con nós) , das opinións das camiñantes que partían coma nós da ignorancia ante a viaxe que iamos emprender, de compartir opinións e vivencias
persoais que esas viaxes nos traían, diferentes olladas do camiño que se non se comparten quedan sen explorar.
Unha viaxe que comeza cada vez que abres un libro e mellora se tes con quen compartila, quen te axude a ver outras perspectivas, outros aromas que as veces pasan desapercibidos e cando alguén os describes captas tons que presentan e non percibías.
Risas, bágoas, fortes sensacións que liberan endorfinas e nos fai mellores persoas.As palabras para compartir.
Grazas Isabel que ese barco navegue eternamente polos marabillos mundos e podamos compartilo.
viernes, 17 de abril de 2020
Que les?
O vindeiro xoves 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro, este ano pasámolo na casa.
Dende a biblioteca desexamos darlle unha importancia especial, queremos demostrar que ler fainos únicos e que, nestes días de confinamento, siga medrando a maxia da lectura e se contaxie.
Por este motivo necesitamos a axuda de todos/as: alumnado, familia e profesorado.
Con todo ese material realizaremos unha gran montaxe para o 23 de abril.
Dende a biblioteca desexamos darlle unha importancia especial, queremos demostrar que ler fainos únicos e que, nestes días de confinamento, siga medrando a maxia da lectura e se contaxie.
Por este motivo necesitamos a axuda de todos/as: alumnado, familia e profesorado.
Propoñemos que nos enviedes unha foto ou un vídeo:
-Unha foto de cada un de vós,
no lugar da casa onde normalmente ledes, mostrando a portada do libro que
estedes lendo.
-Un vídeo, dun minuto aproximado,
recomendando un libro que lérades ou
estedes lendo.
Esperamos con impaciencia eses envios.
Tedes de prazo ata o martes 21 de abril.
Envialo ao correo do voso titor/a ou ao da biblioteca:efprim@gmail.com

Tedes de prazo ata o martes 21 de abril.
Envialo ao correo do voso titor/a ou ao da biblioteca:efprim@gmail.com

Etiquetas:
Celebracións día do libro,
euquedonacasa
jueves, 8 de mayo de 2014
Actividades do Día do Libro.
Na semana do Día do Libro, no noso centro programáronse diferentes actividades:
FOLLETO CON SUXERENCIAS DE ORBIL PARA AGASALLAR AOS CATIVOS CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO:
Neste papeliño, as familias recibiron suxerencias de libros para Educación Infantil, e os tres ciclos de Educación Primaria. Aquí tedes o folleto!
Recomendacións Día do Libro
II INTERCAMBIO DE LIBROS:
Os nenos e nenas que quixeron participar nesta actividade, tiñan que traer ao cole, entre o 10 e 11 de abril, un libro para facer o troco. Este libro, sería cambiado por un vale, que o 24 de abril, utilizaría para facer o intercambio.
A actividade foi un éxito, os nenos quedaron moi contentos cos seus novos libros!

VISITA DUNHA CONTACONTOS DO CONCELLO:
O xoves 24 de abril viñeron do concello de Mos para contarnos "O inventor de monstros", a historia de Ramoncete, un neno que non quería aprender a ler, pero que gracias a Don Mostrocho, dono dunha tenda e inventor de monstros alucinantes, descubriu un marabilloso mundo na lectura.
contacontos concello 2014 - Movie Maker
miércoles, 23 de abril de 2014
Día do libro.
Son numerosas as actividades que se programan nestes días en todo o mundo, igual que son moitos os carteis que se fan en honor a el, e aquí tedes moitos e moi diferentes, pero sempre ca mesma mensaxe: a sabiduría, a imaxinación, a fantasía, o enriquecemento... que acompaña aos libros.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!
miércoles, 2 de abril de 2014
Día Internacional do Libro Infantil.
Comeza o mes de abril, e con el, unha data moi sinalada, o Día Internacional do Libro Infantil, en conmemoración a Hans Christian Andersen, que naceu faría hoxe, 209 anos. Dende o ano 1967, o IBBY celebra este día tratando de despertar na xente a importancia que teñen os libros nestas idades e o amor por eles. Cada ano elixen unha Sección Nacional que será a patrocinadora deste día, sendo os encargados de elixir un tema, un autor que escribirá a carta aos nenos e nenas do mundo, e un ilustrador que realizará o póster promocional. Este ano foi a sección irlandesa, concretamente Niamh Sharkey a ilustradora e, Siobhán Parkinson a autora da carta aos nenos do mundo.
CARTA AOS NENOS DO MUNDO
OS LECTORES, a miúdo lle preguntan aos
escritores como escriben as súas historias - De onde saen as ideas? Veñen da
miña imaxinación, contéstalles o escritor. Ah,
claro, adoita responder o lector. Pero, onde está a túa imaxinación, de que
está feita e é certo que todo o mundo ten unha?
Ben, responde o escritor, está na miña cabeza, por suposto, e está composta de imaxes e palabras e recordos e rastros doutras historias e palabras e fragmentos de cousas e melodías e pensamentos e rostros e monstros e formas e palabras e movementos e palabras, ondas e arabescos e paisaxes e palabras e perfumes e sentimentos e cores e rimas e pequenos estalos e asubíos e sabores e explosións de enerxía e adiviñas e brisas e palabras. Todo iso xirando aí dentro e cantando e comportándose como un calidoscopio e aboiando e sentándose e pensando e rañando a cabeza.
Por suposto que todo o mundo ten imaxinación: sen ela, non seriamos capaces de soñar. Porén, non toda imaxinación ten as mesmas cousas dentro dela. Probablemente, a imaxinación dos cociñeiros conteña na súa maioría sabores, da mesma maneira que a imaxinación dos artistas conterá sobre todo cores e formas. A imaxinación dos escritores está principalmente chea de palabras.
Para os lectores oíntes de historias, as súas imaxinacións tamén se nutren de palabras. A imaxinación dun escritor traballa, dá voltas e dá forma ás ideas, aos sons, ás voces, aos personaxes e aos acontecementos ata convertelos nunha historia; esta historia non está composta doutra cousa que non sexan palabras, batallóns de garabatos desfilando polas páxinas. Entón ocorre que, de pronto, chega un lector e eses garabatos cobran vida. Seguen estando na páxina, seguen parecendo garabatos pero tamén están choutando na imaxinación do lector, e este dá forma e fía as palabras para que a historia agora teña lugar na súa cabeza, como tivo lugar na cabeza do escritor.
Este é o motivo polo que o lector é tan importante para unha historia como o é o escritor. Só hai un escritor para cada unha delas, pero hai centos ou miles ou incluso ás veces millóns de lectores de historias, que len no mesmo idioma que o do escritor ou que quizais ata lean traducións en moitos outros idiomas diferentes. Sen o escritor, non nace o conto; sen todos os miles de lectores arredor do mundo, o conto non chegará nunca a vivir todas as vidas que pode vivir.
Todo lector dunha historia ten algo en común cos outros lectores desa mesma historia. Separadamente, aínda que tamén dalgunha maneira xuntos, eles recrearon a historia na súa propia imaxinación: unha acción que é tanto privada como pública, individual como común, íntima como internacional.
É, posiblemente, o que os humanos fan mellor.
Seguide lendo!

Siobhán
Parkinson
Autora, editora, tradutora
e gañadora do Premio na nÓg
Traducción: Concha Blanco
Autora, editora, tradutora
e gañadora do Premio na nÓg
Traducción: Concha Blanco
martes, 23 de abril de 2013
Día do libro

Durante este mes, con motivo deste data, dende a biblioteca programáronse actividades diferentes, chegando mañá a celebración do primeiro mercadiño de intercambio de libros usados, que se desenrolará na hora do recreo e proxecto lector, no salón de usos múltiples, poderán participar todos aqueles que trouxeran libros para cambiar, presentando o seu correspondente vale para poder escoller outro.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)