miércoles, 26 de abril de 2023

Celebrando o Dia do libro co apadriñamento lector

Na semana do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor tivemos o noso apadriñamento lector-

A actividade consiste en que cada madriña e padriño a partir de 3º de E.P. foi a buscar ao afillado ou afillada para lerlles un conto no patio . O emparellamento fíxose da seguinte maneira:

-O alumnado de 3º de E.P. afillamento ao alumnado de 2º de EP.

-O alumnado de 4º de E.P. afillamento ao alumnado de 5 anos de Infantil.

-O alumnado de 5º B de EP afillamento ao alumnado de 4 anos de Infantil.

-O alumnado de 5º A de EP afillamento ao alumnado de 3 anos de Infantil.

Fixérono xenial! Grazas madriñas e padriños!

Foi unha actividade preciosa que esperemos queden nos recordos do alumnado. Aquí queda unha pequena mostra do que foi a actividade.






No hay comentarios:

Publicar un comentario