Mostrando entradas con la etiqueta autores.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta autores.. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de mayo de 2025

Encontros con autoras, Andrea Maceiras

O 3º ciclo de E.P leu durante o curso o libro, "A folla azul" de Andrea Maceiras.

A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva.
A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E esta é a miña historia.

Tivemos a sorte de contar coa súa presencia no cole para falar do libro e asinalos.

Moitas grazas Andrea, ata pronto!

domingo, 12 de mayo de 2019

VISITA DO ESCRITOR IAGO LÓPEZ

O venres día 3 de maio visitou a nosa biblioteca o escritor  IAGO LÓPEZ para presentarnos o seu libro: 
“O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS”.
A motivación foi tal que  fixeron sombreiros de cociñeiros/as e tartiñas de cenorias para degustar. 
Encantounos a súa forma de representar este conto tan fermoso e como involucrou ao alumnado para que tamén eles participaran na historia.
Moitas grazas pola visita IAGO LÓPEZ!


jueves, 14 de julio de 2016

Agustín Fernández Paz

Imágenes de Agustín Fernández PazAgustín foise discretamente como era el , deixándonos orfos
.Agustín Fernández Paz (Vilalba, Lugo, 1947-2016) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da Literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no resto de España. É autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eúscaro. Tamén se traduciron diversos títulos ao coreano, portugués, francés e árabe.
Destacamos entre as súas obras as seguintes:
  • As flores radioactivas
  • Contos por palabras
  • Trece anos de Branca
  • Cartas de inverno
  • As tundas do corredor
  • Cos pés no aire
  • Aire negro
  • O meu nome é Skywalker
  • A escola dos piratas
  • Luz de Senegal
Durante a súa traxectoria, Agustín recibiu varios galardóns polas súas obras. O premio Lazarillo, Edebé Xuvenil, Barco de Vapor, Merlín, protagonista Jove, Edebé Infantil, Rañolas, Raíña Lupa, Martiño Sarmiento, Xosé Neira Vilas ou o premio  Trasalba.
 Agustín pensaba que as palabras posuían a forza necesaria para cambiar o mundo e afirmaba que os libros eran imprescindibles para axudar a soñar e a vivir.