jueves, 14 de julio de 2016

Agustín Fernández Paz

Imágenes de Agustín Fernández PazAgustín foise discretamente como era el , deixándonos orfos
.Agustín Fernández Paz (Vilalba, Lugo, 1947-2016) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da Literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no resto de España. É autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eúscaro. Tamén se traduciron diversos títulos ao coreano, portugués, francés e árabe.
Destacamos entre as súas obras as seguintes:
  • As flores radioactivas
  • Contos por palabras
  • Trece anos de Branca
  • Cartas de inverno
  • As tundas do corredor
  • Cos pés no aire
  • Aire negro
  • O meu nome é Skywalker
  • A escola dos piratas
  • Luz de Senegal
Durante a súa traxectoria, Agustín recibiu varios galardóns polas súas obras. O premio Lazarillo, Edebé Xuvenil, Barco de Vapor, Merlín, protagonista Jove, Edebé Infantil, Rañolas, Raíña Lupa, Martiño Sarmiento, Xosé Neira Vilas ou o premio  Trasalba.
 Agustín pensaba que as palabras posuían a forza necesaria para cambiar o mundo e afirmaba que os libros eran imprescindibles para axudar a soñar e a vivir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario