Mostrando entradas con la etiqueta bibliotecas escolares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bibliotecas escolares. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de junio de 2025

INAUGURACIÓN PÉRGOLA

O día 16 de maio, xunto coa celebración dos maios e das letras galegas, puidemos inaugurar a nosa extensión da biblioteca ao aire libre. Damos grazas a Juan, quen cordinou e traballou en todo o proceso xunto co Obradoiro do Concello (a quen tamén agradecemos o seu traballo). 

Agora todo o alumnado poderá desfrutar da lectura e da aprendizaxe significativa ao aire libre.










lunes, 30 de octubre de 2023

Kamishibai en Infantil

 Con motivo do Día das Bibliotecas os nenos e nenas de infantil, desfrutaron do conto La castañera en Kamisibahi, contado por Alba e Naia no Kamishibai.
No proxecto lector todos os cursos de Educación Infantil foron á biblioteca para  escoitar este fermoso conto. Encantoulles!!

A continuación puxéronse a pintar con auga e papeis de colores do outono para tintar un papel branco e elaborar un cestiño para as castañas do noso magosto.





miércoles, 25 de octubre de 2023

Kamishibai no Día das Bibliotecas Escolares


Un ano máis celebramos o Día das Bibliotecas Escolares ca lectura de libros. 
Pero neste curso o realizamos co apoio do noso Kamishibai e varias axudantes da biblioteca de 6ºA.
Para esta actividade previamente eliximos varios libros, preparamos as ilustracións e por suposto as lecturas co alumnado. 
Durante varios días diferentes cursos desfrutarán desta actividade na biblioteca durante  o proxecto lector!

Empezamos a semana  co libro da editorial  kalandraka   "Xaime e as Landras" da man das excelentes contacontos María e Uxía. Tiveron que realizar dous pases, un deles para os cursos de 1ºA e 1ºB e outro para 2ºA e 2ºB.
Foi unha actividade que lles encantou !!






martes, 25 de octubre de 2022

Contacontos para o Día das Bibliotecas

De novo aproveitamos o Día das Bibliotecas Escolares, 24 de outubro, para ler contos ao alumnado nas aulas.

Os encargados/as desta tarefa foi o voluntariado da Biblioteca deste mes, que son o alumnado de 5ºA e de 6ºA.

Despois de decidir os libros que ían contar houbo moito que ensaiar e preparar para que todo saíse perfecto.

OS LIBROS ELIXIDOS FORON:

-IMOS CAZAR UN OSO: UXÍA E MARÍA .

-ERNESTO ELEFANTE: LAURA E CARLA.

-SOPA DE CLAVO: ÁLVARO E MARTÍN.

-CARABUÑAS: ALBA E NAIA.

-NO DESPIERTE A LA DRAGONA: LÍA E NEREA.

-A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN...: UXÍA C.-LEIRE.

-MAROSA E MARIÑA: MANUEL.

Podemos dicir que foi unha actividade ilusionante en torno á lectura, tanto para os que contan como para os que escoitan. 













lunes, 25 de octubre de 2021

Lecturas compartidas para celebrar o Día das Bibliotecas

Despois de tantos meses sen poder compartir lecturas noutras aulas, neste curso decidimos que o voluntariado da biblioteca podía acudir a realizar esta labor que tanto lles gusta, como é a de contar contos aos máis cativos/as. Que mellor que no Día das Bibliotecas  para celebralo desta maneira.

Unha vez superada a  alegría inicial da noticia,  empezaron a busca dun conto significativo, así quedou a elección: 

Ensaiaron moito, polo que houbo bastantes recreos sen saír.



Chegou o día, moitos nervios acompañados de moita ilusión, foi un día precioso, despois de todos estes meses. Fixérono xenial!!Gracias a este marabilloso alumnado de sexto que lles sobran ganas e entusiasmo.


















martes, 29 de octubre de 2019

Dia da biblioteca escolares

Chegou o 24 de outubro, dia da bibliotecas escolares, e como cada curso celebrámolo por todo o alto, con libros contados por contacontos nas aulas de infantil, primeiro e segundo de educación primaria. Os contadores/as foron os voluntarios/as da biblioteca que con gran adicación prepararon durante días a posta en escena. 
En total foron dezaoito bibliotecarios/as  con libros variados que fixeron as delicias dos máis cativos do centro.
Os libros escollidos: 
"A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza..." por Odei e Nicolás.
"Fonchito y la Luna" por Noa e Estrella
 "Andrés, o mentideiro" por Lía e Xaime
"As aventuras da mazá vermella"  por Nerea, Lucía e Carlota
"Perdido" por Hugo, Duarte e Iago
"La ladrona de libros" por Zaira, Mariana e Andrea. Ambientación do libro con marionetas: Carlota, Uxía e Paula.
Noraboa pola marabillosa actividade realizada e polo esforzo que supuxo.