Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca creativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca creativa. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de marzo de 2026

8 de marzo: mulleres coa natureza

O Día Internacional da Muller, institucionalizado na data do 8 de marzo. Na súa orixe esta xornada xurdiu para reivindicar o papel da muller no mercado laboral, de aí que orixinariamente se denominara: “Día da Muller Traballadora”. A historia máis extendida sobre a conmemoración desta data fai referencia aos feitos que sucederon en 1908 onde faleceron queimadas 146 mulleres traballadoras nunha fábrica textil de Nova Iork. Trátase dunha data de reivindicación dos dereitos das mulleres. O obxectivo é sensibilizar á sociedade e potenciar a igualdade real de xénero.

O noso centro conmemora esta data con diversas actividades. Dende a biblioteca, como outros cursos, mostramos nunha exposición dos libros que falan de mulleres importantes.
Este curso aproveitando que estamos traballando os ecosistemas realizamos unha selección de 11 mulleres que foron defensoras do medio ambiente:
Sylvia Earle
Jane Goodall
Wangari Masthai 
Josefina Castellví 
Aida Fernández Ríos 
Ángeles Alvariño 
Rachel Carson 
Marie Bohlen 
Greta Thunberg 
Isatou Ceesay 
Berta Cáceres 
Realizando un traballo de investigación de cada unha delas, co que elaboramos un documento para traballar nas aulas e dar a coñecer a cada unha delas. Engadindo uns códigos QR cos que se acceden a vídeos sobre elas, e poder escanear coas tablets. 
Creamos un mural, na entrada da biblioteca, baixo o título "Mullleres defensoras da natureza" . O alumnado contribuiu colocando as súas bolboretas, nas que escribiron palabras, mensaxes e decoracións en relación ao 8M.
O alumnado deberá posteriormente contestar a un cuestionario de preguntas de coñecementos, sobre estas mulleres, para participar nun concurso por aula.
Ademais na impresora 3D elaboramos uns marcapáxinas lilas co simbolo do 8M,para entregar ao alumnado de sexto, que se vai este curso, e para os gañadores do concurso.





viernes, 12 de diciembre de 2025

Ruleta de Nadal


  Nas aulas de segundo e de primeiro elaboraron, para ruleta da biblioteca, imaxenes relacionadas co Nadal, co fin de que o alumnado adquira un maior desenvolvemento en lingua galega, adquirindo vocabulario e fomentando a expresión oral, así como a expresión escrita a través da invención de  historias.


Experimentando ca mesa de luz

 O alumnado de 3 anos estivo experimentando ca luz e as cores, a través da  mesa de luz e cos materiais que se adquiriron desde a biblioteca para ela.



jueves, 11 de diciembre de 2025

Descubrindo a biblioteca

Os máis cativos do colexio descubriron hai uns meses a biblioteca e adaptáronse de marabilla ao espazo, cada un xa sabe cal é o seu lugar favorito, poden ser o lugar dos libros ou o dos xogos... vai depender do momento.


 

miércoles, 12 de noviembre de 2025

Magna- Tiles house

 Magna- Tiles house é un xogo que lle encanta ao alumnado, con el consiguen realizar unhas construcións creativas e cooperativas.  

Magna-tiles é un xogo de construción magnético cheo de posibilidades. As súas pezas imantadas permítennos xogar coa xeometría, as matemáticas, a luz, as formas e o magnetismo.


lunes, 27 de octubre de 2025

Diseñando creacións

 

A biblioteca no tempo de recreo é,  para algúns alumnos,  un espazo de encontro cos compañeiros que teñen intereses similares, como son neste caso as construcións. O material que temos, grazas o orzamento da biblioteca creativa, dá cabida a todas estas mentes con ganas de crear.







domingo, 11 de mayo de 2025

Club de lectura maiores: A Culpa

 

O martes 6 de tivemos o noso derradeiro club de lectura deste curso, despois de pospoñelo unha semana por causa do apagón eléctrico.

O libro que limos foi "A culpa" de Maria Solar, unha lectura na que coincidimos todas que nos gustou moito.
Escrito nun estilo claro, directo, reflexivo e, en ocasiones, poético. Afonda con axilidade, nunha historia na que conflúen elementos propios da literatura confesional para xogar cos conceptos da identidade e da dominación.

“A culpa” son dúas historias unidas por unha herdanza. Mulleres atadas para sempre por un crime cometido. Unha relación que se converte en posesión, dominación e loucura. Novela negra, onde se sabe quen cometeu os asesinatos, todos terapéuticos ou iso parece... e cun final sorprendente.
De novo agradecemos á biblioteca Neira Vilas de Vigo que nos cedeu os libros para súa lectura. 





Para rematar a coordinadora da biblioteca deixáranos unha sorpresa nun paquetiño especial cunha mensaxe ben fermosa:

Eran uns chaveiros de madeira, realizadas coa cortadora laser, da silueta do noso grande Castelao, co logo do club de lectura. Que ilusión nos fixo!! Grazas!!



O croma

O alumnado de 5º de infantil, empregou unha técnica audiovisual coñecida como "Croma" para elaborar un vídeo sobre o seu país. Grazas a esta técnica, podemos reemplazar a cor verde da tela que teñen detrás deles, pola imaxen que precisemos. Foi unha experiencia divertida que disfrutaron moito!












lunes, 5 de mayo de 2025

Ruleta de trazos

O alumnado de 5º de infantil, fixemos Grafismo Creativo coa ruleta da biblioteca, feita na cortadora láser de Polos Creativos! Quedaron debuxos moi chulos!











miércoles, 30 de abril de 2025

Xogando con LEGO

Sabíades que xogar con Lego favorece o desenvolvemento de habilidades cognitivas, motoras finas, sociais e creativas? Ademais fomenta a resolución de problemas, a concentración, a autoestima, a capacidade de traballo en equipo...




E que ben o pasa o noso alumnado na Biblioteca e con Polos creativos cos Lego!

jueves, 24 de abril de 2025

Contos recomendados

O alumnado de Educación en Valores de 5anos B, estivo a traballar varios contos dos cales, escolleron o que máis lles gustou para recomendarvos a súa lectura.

 

martes, 22 de abril de 2025

DESCUBRIMOS NOVOS MATERIAIS

O alumnado de 4 anos, coñeceu diferentes xogos e materiais da biblioteca, a través dos cales experimentaron e potenciaron os seus coñecementos mentres o pasaban moi ben xogando. E de iso se trata, de aprender a través do xogo.














jueves, 10 de abril de 2025

"O coelliño branco" en Kamishibai

O alumnado de 4º e 5º de educación infantil, tivemos, durante o proxecto lector, a representación do conto "O coelliño branco" en Kamishibai, grazas a Paula e Alba de 5º de primaria. Gozamos deste conto tan simpático, onde o protagonista é o propio coello branco, e ademais coa orixinalidade do teatro en papel que tanto nos gusta. As narradoras o fixeron tan ben que estivemos moi atentos durante todo o conto!











A debuxar!

Os nenos e nenas de 4 anos, viaxamos dende Austria ata Francia para gozar do artista Hervé Tullet co seu xogo ¡A dibujar! 

Sacamos cartas ó azar e debuxamos seguindo as instruccións de Hervé Tullet, o que nos leva a creación de debuxos divertidos e espontáneos.