Mostrando entradas con la etiqueta diversidade funcional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta diversidade funcional. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de diciembre de 2025

Baixo un mesmo paraugas : Distintas capacidades

 O Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra cada 3 de decembro, é unha das datas máis importantes do calendario dos dereitos humanos. O seu propósito é promover a dignidade, os dereitos e o benestar de máis de mil millóns de persoas que viven con discapacidade en todo o mundo, así como concienciar sobre a importancia de construír unha sociedade inclusiva e accesible.


Este día, establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1992, representa unha oportunidade para avaliar o progreso, identificar os desafíos e fortalecer o compromiso global coa igualdade de oportunidades.

Dende a biblioteca organizamos unha exposición de libros sobre esta temática e unímonos á iniciativa "Baixo un mesmo paraugas" .



jueves, 12 de diciembre de 2024

Lecturas compartidas 1º - 4º

Hoxe Vera e Julieta foron ler un conto á clase de 1º B e de 1ºA, "Topito terremoto". 


Este libro cóntanos como Topito non para quieto nin un segundo, dinlle que é inquieto, hiperactivo, nervioso, pesado, impulsivo...e os seus pais están preocupados. A súas profes, desesperadas, e agora ademais ten que presentar un traballo de fin de curso.
Como resolverá Topito esta situación de hiperactividade? Quizais o que debemos de cuestionar é a nosa empatía hacia os demais, o respecto e non xuízo, e que eles/as se sintan ben con eles/as mesmos





Marabilloso relato para concienciarnos da diversidade que nos rodea. 
Grazas polo traballo chicas. Encantounos!!

jueves, 7 de diciembre de 2023

Conmemorando o Día da Diversidade Funcional

O martes 5 de decembro conmemoramos o Día da Diversidade Funcional ca representación do libro da editorial Kalandraka "Orellas de Bolboreta". As bibliotecarias de 5º e 6ºB foron as encargadas de presentar o acto e interpretar aos diferentes personaxes. 

Asistiron a este acto todo o alumnado do centro. Fixérono xenial!! Todas unhas artistas!!








lunes, 4 de diciembre de 2023

Diversidade

O Día Internacional das Personas con Discapacidade foi declarado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas mediante a resolución 47/3. O obxetivo foi promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenrolo, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

Dende a biblioteca quixemos conmemorar o Día da Diversidade Funcional con actividades de sensibilización, para  mostrar un camiño cara a igualdade sexa cal sexa a nosa condición.

Na biblioteca preparamos un espazo  cheo de lecturas en torno á temática da diversidade. Tamén unha lectura nun folio especial para as aulas

Realizamos a gravación do libro na radio " O paraugas de Cebra" da editorial NubeOcho, grazas a colaboración de Dani, Leire D., Noa e Ana de 5º.


 Para o día 5 de decembro quixemos realizar un acto de concienciación ca representación, para todo o alumnado do centro,do libro "Orellas de Bolboreta" da editorial Kalandraka. Como non podía ser doutra maneira as encargadas da realización desta actividade foron as bibliotecarias.


lunes, 9 de octubre de 2023

Alumnado de Aceesca coñecendo a nosa biblioteca


O martes 3 de outubro tivemos unhas visitas especiais, viñeron a coñecer a nosa biblioteca unha parte do alumnado do centro de educación de atención ás persoas con diversidade funcional,  Aceesca de Porriño.
 Os nosos bibliotecarios/as recibiron con entusiasmo a visita de alumnos/as e profesorado de Aceesca. Compartiron con eles a nosa biblioteca, os nosos recunchos e cada un dos recursos. 
A nosa cabana para a lectura no exterior encantoulles! A nós encantounos recibilos. 







martes, 6 de diciembre de 2022

Aprendendo na lingua de signos

 O alumnado de Infantil de cinco anos na semana que se celebrou o Día da diversidade funcional traballaron a lingua de signos con palabras significativas. A continuación vese unha pequena mostra.


viernes, 3 de diciembre de 2021

Lecturas compartidas no día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional.


O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional. No noso centro aproveitamos esa data para  levar a cabo a lectura de dez libros, por parte do voluntariado da biblioteca, sobre esta temática. 

Libros que servirán para sensibilizar ao alumnado e de fío condutor para falar sobre a inclusión e a normalización.
É necesario aprender a ser tolerantes, a integrar e saber  naturalizar a diversidade funcional





domingo, 13 de diciembre de 2020

Aprendendo en 3 anos a lingua de signos

 ALUMNADO DE 3 ANOS A, APORTA O SEU GRANCIÑO PARA ROMPER BARREIRAS, EMPREGANDO ALGÚNS TERMOS EN LINGUA DE SIGNOS.

Elisa no mundo das marabillas

O alumnado de 4º B realizou unha gravación sobre un libro que trata da diversidade funcional, con motivo da conmemoración dese día. "ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS", un  libro editado pola editorial Galaxia e APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral).





miércoles, 2 de diciembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O día 3 de decembro conmemórase o Día da Diversidade Funcional, un día para lembrar a igualdade real, sexa cal sexa a nosa condición persoal, porque todos e todas somos diferentes e cada un/unha de nós ten moito que aportar aos demais.
Vaía a nosa homenaxe ca gravación de varios libros que falan de ser diferentes, a exposición dos libros que temos na biblioteca e a visualización dunha curtametraxe chamada "Ian". 

A primeira gravación é o libro da editorial Kalandraka "Orellas de Bolboreta".


Se queres xogar e non te deixan. Se queres ser parte e non podes. Se te fan sentir diferente, que faríamos? . Este é o tema desta interesante curta de animación chamada "Ian", da fundación do mesmo nome.

lunes, 30 de marzo de 2020

Cuerdas

"Cuerdas" é unha preciosa curtametraxe de Pedro Solís García, sobre a diversidade funcional. Gañadora do Goya® 2014 na categoría de "Mellor curtametraxe de animación español". Esperemos que sexa do voso agrado.

viernes, 20 de marzo de 2020

O poder transformador da música

Uxía explícanos có proxecto de "María Fumaça" naceu como un agasallo ao seu sobriño Ruí, con diversidade funcional, e todo o que supuxo de positivo esta experiencia en torno á música, como poder transformador.
Estes días aproveitemos para realizar actividades en torno a música: escoitar e cantar, aprender cancións ou realizar caraoques, practicar con algún instrumento...