O Día Internacional das Personas con Discapacidade foi declarado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas mediante a resolución 47/3. O obxetivo foi promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenrolo, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
Dende a biblioteca quixemos conmemorar o Día da Diversidade Funcional con actividades de sensibilización, para mostrar un camiño cara a igualdade sexa cal sexa a nosa condición.Na biblioteca preparamos un espazo cheo de lecturas en torno á temática da diversidade. Tamén unha lectura nun folio especial para as aulas
Realizamos a gravación do libro na radio " O paraugas de Cebra" da editorial NubeOcho, grazas a colaboración de Dani, Leire D., Noa e Ana de 5º.
Para o día 5 de decembro quixemos realizar un acto de concienciación ca representación, para todo o alumnado do centro,do libro "Orellas de Bolboreta" da editorial Kalandraka. Como non podía ser doutra maneira as encargadas da realización desta actividade foron as bibliotecarias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario