Todas as entradas do blogue
25 novembro
8 de marzo
AS FAMILIAS CONTAN
Actividades
Animacion á lectura
Aprendizaxe
Biblioteca creativa
Celebracións
Día do Libro
Escornabot
Letras Galegas
Medio Ambiente
RADIO ESCOLAR
Recomendacións
Violencia
Visita
autores.
banda deseñada
bibliotecas escolares
ciencias
club de lectura
conmemoracións
contacontos
contos na radio
contos na radio. radio na biblio
curtas
discapacidade
diversidade funcional
día da Paz
día da muller e a nena na ciencia
euquedonacasa
familias
formación
igualdade
libros
libros dixitais
libros electrónicos
mochilas
mulleres
poesía
voluntariado
África
Mostrando entradas con la etiqueta Aprendizaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aprendizaxe. Mostrar todas las entradas
miércoles, 15 de junio de 2022
viernes, 29 de mayo de 2020
Frases de José Saramago
Rematamos esta semana cas frases que invitan a reflexionar sobre cuestión básicas, do admirado José Saramago, gañador do Premio Nobel de Literatura no 1998.
domingo, 18 de octubre de 2015
Xornadas: Literatura infantil e xuvenil. A pegada das mulleres desde a tradición oral á actualidade
O días 19 e 26 de outubro e 3 e 9 de novembro, terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo as Xornadas: Literatura infantil e xuvenil. A pegada das mulleres desde a tradición oral á actualidade.
As sesións, que comezarán todas ás 17 horas, terán lugar na aula 1.5 da Facultade de Ciencias da Educación e contarán cos interesantes temas e poñentes:
- 19 de outubro «A literatura de tradición oral. A subversión dos roles de xénero» Xabier P. Docampo ( mestre e escritor) Antonio Reigosa (escritor e estudoso da tradición oral) Carmen Ferreira Boo ( experta en literatura de tradición oral)
- 26 de outubro «A literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras» Fina Casalderrey ( mestra e escritora) Helena Villar Janeiro (mestra e escritora)
- 3 de novembro «Oralidade e dramaturxia infantil. Das nais ás mestras»Paula Carballeira ( contacontos, actriz e escritora)
- 9 de novembro «A poesía infantil. Música dende o colo materno»Antonio García Teijeiro ( mestre e poeta)
Organiza á Área de Igualdade da Universidade de Vigo.
viernes, 28 de junio de 2013
Consolidación da Aprendizaxe Cooperativa
Neste curso 2012-2013, que rematamos, un grupo de dezasetes mestras realizamos un Seminario sobre consolidación de Aprendizaxe Cooperativa no CEIP Pena de Francia, sendo este o noso terceiro e último ano en formación neste campo. Unha parte do profesorado asume o reto de intentar dar resposta a diversidade que existe nas aulas, para que cada un dos rapaces e das rapazas poida acadar o máximo nivel de desenvolvemento das súas competencias, segundo as súas capacidades.
A metodoloxía empregada propiciou a creación de ámbitos de reflexión sobre a propia práctica docente e como afrontar a xestión da aula a través do emprego xeneralizado da Aprendizaxe Cooperativa. En relación ao traballo do profesorado nas aulas valoramos como un logro importante que, por primeira vez implementamos os tres Ámbitos da Aprendizaxe Cooperativa dun xeito interrelacionado dende o primeiro momento podendo estruturar a actividade na aula de xeito cooperativo dende o inicio do curso.
A experiencia adquirida en relación coa estruturación da actividade na aula de xeito cooperativo e sobre todo no coñecemento das estratexias para poñer en práctica as dinámicas e estruturas, levounos a través da formación á abordar a xeneralización, consolidación e inclusión da Aprendizaxe Cooperativa nas nosas programacións, no Proxecto Anual, no Proxecto de Atención á Diversidade e a creación da Comisión de Coordinación de AC.
Estamos ilusionados e gústanos traballar a través da cooperación, o noso alumnado demándao e lles motiva, asi que para o vindeiro curso haberá máis.
Estamos ilusionados e gústanos traballar a través da cooperación, o noso alumnado demándao e lles motiva, asi que para o vindeiro curso haberá máis.
O CEFORE, pero sobre todo a Universidade de Vic é quen dirixe e aglutina toda esta experiencia educativa.
jueves, 7 de febrero de 2013
Adicado @s docentes.
Unha homenaxe a todos aqueles mestres e mestras que lograron transmitir ao alumnado os seus coñecementos. Educación pública de tod@s e para tod@s!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


