Mostrando entradas con la etiqueta autores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta autores. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de mayo de 2025

Encontros con autoras, Andrea Maceiras

O 3º ciclo de E.P leu durante o curso o libro, "A folla azul" de Andrea Maceiras.

A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva.
A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E esta é a miña historia.

Tivemos a sorte de contar coa súa presencia no cole para falar do libro e asinalos.

Moitas grazas Andrea, ata pronto!

martes, 8 de abril de 2025

Encontros con autores

 O pasado venres 4 de abril o curso de 1º E.P tivemos a sorte de ter con nós ao autor Ramón D. Veiga, que escribiu o libro de "Chove" . Un conto cheo de emoción e intriga, no que a protoganista principal é unha miñoca que adora a choiva, pero ningún dos seus amigos está disposto  a mollarse para xogar con ela. 

Ben, se cadra hai alguén a que non lle molesta que chova...adiviñarás quen é? Prepara o chuvasqueiro e mergúllate nesta nova aventura.

Grazas pola visita Ramón!



miércoles, 29 de noviembre de 2023

Deixounos o O Hematocrítico

O pasado luns tivemos a triste nova de que nos deixara para sempre Miguel Ángel López González, popularmente coñecido como O Hematocrítico do Arte.

El visitara o noso centro o luns 22 de maio para estar co alumnado de Educación Infantil que leran o seu libro "O meu irmono".

Nunca esqueceremos o seu talento, as letras que deixa para os máis pequenos e pequenas. Os seus libros perdurarán no tempo. Na nosa biblioteca haberá sempre un oco especial  para eles.

lunes, 8 de mayo de 2023

Entrevista a escritora Iria Misa

 O alumnado de quinto curso quixo realizarlle unha entrevista á escritora Iria Misa, con motivo da visita ao centro. Os encargados de ir a radio foron Naia, Joel e Erick.