lunes, 3 de diciembre de 2018

Día da discapacidade


Este 3 de diciembre celébrase o día Internacional das Personas con Discapacidade.
A discapacidade é unha condición que afecta o nivel de vida dun individuo ou dun grupo. O termo úsase para definir unha deficiencia física ou mental, como a discapacidade sensorial, cognitiva ou intelectual, a enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas.
As persoas con discapacidade, a "minoría máis ampla do mundo", adoitan ter menos oportunidades económicas, peor acceso á educación e taxas de pobreza máis altas. Iso débese principalmente á falta de servizos que lles poidan facilitar a vida (como acceso á información ou ao transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos.
As persoas con discapacidade son máis a miúdo vítimas da violencia: os nenos discapacitados teñen catro veces máis posibilidades de ser vítimas de actos violentos, a mesma proporción que os adultos con problemas mentais.
A ignorancia é en gran parte responsable da estigmatización e a discriminación que padecen as persoas discapacitadas.
Está amplamente demostrado que, unha vez eliminados os obstáculos á integración das persoas discapacitadas, estas poden participar activa e productivamente á vida social e económica das súas comunidades. Por iso é necesario eliminar as barreiras da asimilación dos discapacitados á sociedade.

Dende a biblioteca queremos contribuir a eliminar barreiras concienciando ao alumnado, para que realizamos unha mostra de material con lecturas para a diversidade.
 
Ademáis este mércores recibimos ao alumnado do centro ACEESCA de O Porriño, centro de educación especial, ocupacional e centro de día, para disfrutar e traballar con eles  durante unhas sesións, Asi o alumnado bibliotecario de 6º vailles preparar uns contos para ese día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario