O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduista o 30 de Xaneiro de 1948.
Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Na nosa biblioteca fixemos unha selección de libros para traballar A PAZ, con eles montamos unha exposición, para que poidan utilizalos tanto mestr@s ou alumnado. Podendo disfrutar dela durante todo o mes de xaneiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario