miércoles, 4 de marzo de 2026

Programas de radio de 3ºB

 

O venres 27 de febreiro tivemos un obradoiro de radio, organizado pola biblioteca, impartido por Damián Alonso.

Damían, xa estivo noutras ocasións no centro, é dobrador de voz en series, películas e debuxos animados. 

Os rapaces e rapazas de 3ºB aprenderon a elaborar un guión de radio, a ser técnicos de son, a modular a voz e a falar coma se fosen verdadeiros locutores de radio. 

Foi unha mañá moi intensa, onde houbo moita atención, creación, motivación e diversión. A continuación vai o resultado dese traballo realizado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario