De novo tivemos o obradoiro de radio na biblio impartido por Damián Alonso, que xa estivo noutras ocasións no centro.
El é dobrador profesional; moitas das películas, documentais... que vemos habitualmente están dobradas por el.
Ademais Damián é membro de Ponte... nas ondas!, unha Asociación Cultural e Pedagóxica que, desde 1995, realiza actividades educativas e culturais en Galicia e no Norte de Portugal. Entre os fins da asociación están a promoción de actividades culturais e pedagóxicas así como a promoción da identidade común dos dous pobos dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono.
Damián realizou na mañá do venres 27 de febreiro dous obradoiros, un para os dous cursos de terceiro de primaria e outro para os dos cursos de cuarto.
Na primeira parte ensinoulles a empregar a voz, a intensidade, o ton, o ritmo... Practicaron con diferentes textos. Na segunda parte por parellas mixtas elaboraron un guión, entre varios temas a elixir, a continuación ensinoulles as técnicas para gravar e realizaron a gravación de varios programas de radio.
Foi unha mañá moi produtiva, o alumnado e profesorado aprendeu e desfrutou moito!
Grazas Damián pola túa profesionalidade e cariño co que nos ensinaches!



No hay comentarios:
Publicar un comentario