O luns 2 de Marzo visitounos David Rodríguez polo libro "Morto de fame".
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º curso de Educación Primaria, escoitaron a este contacontos narrando o libro Morto de fame escrito por El Hematocrítico. Ademais presentounos outros libros da súa autoría, como a Superavoa.
Para rematar cantaron unha canción que lles entusiasmou.
O libro gustoulles moito ao alumnado, xa que esta narrado con moito sentido do humor. A irmá do conde Drácula está moi preocupada porque o seu fillo non é cruel e sanguinario: é boísimo. Drácula dille que o mande á súa casa, que xa se encarga el se encargará de convertelo nun verdadeiro vampiro aterrador. Mentres, Draculiño vai como cada noite visitar o seu amigo Lobiño, que lle garda algúns doces que prepara na súa pastelaría para que o vampiro poida cear, xa que non quere nin probar o sangue. Os dous lévanse moi ben e forman unha cuadrilla de amigos xunto a outros personaxes da Fraga, como Garavanciño ou Riciños. Draculiño é moi feliz, ata que lle cae un cairo e leva un terrible desgusto..jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario