lunes, 13 de mayo de 2024

Actividades na semana das Letras Galegas

         

Un ano máis celebramos no centro a semana das Letras Galegas con actividades diversas:

Como cada curso,  especialmente nesta semana, nas diferentes aulas adícase a traballar a figura homenaxeada das Letras, neste caso Luísa Villalta.

A comisión da biblioteca organizou un recuncho cos libros da autora e un expositor, na entrada da biblioteca, coas novidades mercadas nestes dous últimos meses en lingua galega.

Ademais a Biblioteca sufragou e xestionou, para o luns 13 de maio, dúas obras de teatro co grupo de teatro Tarabelos para todo o alumnado.

O mércores 15 teremos durante toda a mañá o festival das Letras Galegas onde haberá actuacións de cada grupo de clase e proxección de vídeos de Luísa Villalta.


O xoves 16 de maio contaremos ca actuación no centro do músico Magín Blanco, subvencionado pola Comunidade de Montes de Tameiga.







------------------------------------------

Este ano o 17 de maio está dedicado á poeta coruñesa Luísa Villalta (1957-2004), coincidindo co vixésimo aniversario do seu falecemento.

Luísa Villalta naceu o 15 de xullo de 1957 na Coruña. Titulada superior de violín, a música foi un elemento principal na súa mocidade, chegando a formar parte da Orquestra de Santiago e da Xove Orquestra de Galicia.

Tras licenciarse en Filoloxía Hispánica e en Galego-Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela en 1982, apostou por dedicarse ao ensino.
Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario