O vindeiro martes 14 de maio teremos o club de lectura sobre o libro "El lunes nos querrán" Najat El Hachmi.
Najat el Hachmi, naceu en Nador (Marrocos) , é unha escritora española de orixe marroquí e colaboradora en diversos medios de comunicación. Naceu na cidade marroquí de Nador e aos oito anos trasladouse a Vic onde residía o seu pai, que emigrou a Cataluña antes de que ela nacese. En Vic creceu e realizou a súa formación académica até chegar á Universidade de Barcelona onde estudou filoloxía árabe.
Tamén tivo diversas ocupacións: empregada da limpeza, cociñeira, monitora de deportes e mediadora da Delegación de Ensino de Vic onde traballaba cando presentou en 2004 o seu primeiro libro: "Eu tamén son catalá". Escrito en catalán e posteriormente traducido ao castelán, trátase dun texto autobiográfrico no que abordou en profundidade a súa experiencia como inmigrante, a cuestión da identidade e o seu proceso de arraigamento en Cataluña, a lingua, a relixión, as mulleres, o sentimento de perda cara a Marrocos e a súa relación co país de adopción.
O éxito chegoulle en 2008 con "El último patriarca" que recibiu o Premio Ramón Llull, o Prix Ulysse á primeira novela 2009 e foi finalista do Prix Méditerranée Étranger 2009.O libro foi traducido a numerosas linguas, entre elas o inglés, francés, italiano, portugués, turco, romanés e árabe.
En 2015 publicou "La hija extranjera" coa que logrou o Premio Sant Joan de novela, o terceiro galardón literario mellor dotado en catalán e cuxo argumento se centra no conflito de identidades entre unha nai e unha filla.
En 2021 gañou o premio Nadal, coa novela "El lunes nos querrán".
No hay comentarios:
Publicar un comentario