jueves, 28 de noviembre de 2024

Dende a biblioteca viaxando a...Suecia

En 3ºB queren saber máis sobre Suecia, e para iso as familias colaboran cun xogo popular.


Hoxe estabamos moi emocionados e emocionadas...e é que tiñamos unha visita! Un familiar dun dos nosos compañeiros viña ensinarnos un xogo que practican os nenos e nenas suecos. Pero claro, primeiro tiñamos que coñecer algo...os números en sueco! Que diferente soan! Non se parecen en nada aos nosos!!

Despois puidemos baixar a un espazo máis amplo para poder xogar...e non nos puido encantar máis!! Había que estar superatentos e ser rapidísimos! E é que tras poñernos en círculo e dicir dous números, as persoas con eses números tiñan que intercambiarse o sitio...antes de que chegase a persoa situada no medio do círculo! E o xogo íase complicando, xa que cada vez todo era máis rápido! Estivemos moi emocionados e pasámolo XENIAL!

Moitas grazas por axudar a seguir medrando e aportar o voso grao de area ao noso proxecto!





No hay comentarios:

Publicar un comentario