domingo, 24 de noviembre de 2019

Debemos eliminar a violencia contra a muller.


A violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual sobre as que apenas se informa debido á impunidade da cal gozan os perpetradores, e o silencio, a estigmatización e a vergoña que sofren as vítimas.
En forma xeral, a violencia maniféstase de forma física, sexual e psicolóxica e inclúe:
-violencia por un compañeiro sentimental (violencia física, malos tratos psicolóxicos, violación conxugal, femicidio);
-violencia sexual e acoso (violación, actos sexuais forzados, insinuacións sexuais non desexadas, abuso sexual infantil, matrimonio forzado, espreita, acoso rueiro, acoso cibernético);
-trata de seres humanos (escravitude, explotación sexual);
-mutilación xenital e matrimonio infantil.
Para maior clarificación, a Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller emitida pola Asemblea Xeral da ONU en 1993, define a violencia contra a muller como "todo acto de violencia que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou sicológico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada."
Aínda que todas as mulleres, en todas partes do mundo, poden sufrir violencia de xénero, algunhas mulleres e nenas son particularmente vulnerables, exemplo delas son as nenas e as mulleres máis maiores, as mulleres que se identifican como lesbianas, bisexuais, transgénero , as migrantes e refuxiadas, as de pobos indíxenas ou minorías étnicas, ou mulleres e nenas que viven co VIH e discapacidades.
A violencia contra a muller segue sendo un obstáculo para alcanzar igualdade, desenvolvemento, paz, do mesmo xeito que o respecto dos dereitos humanos de mulleres e nenas. O que é máis, a promesa dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) de non deixar que ninguén quede atrás, non poderá cumprirse sen primeiro pór fin á violencia contra mulleres e nenas.
A formación e a educación é un pilar fundamental para ir erradicando esta plaga tan extendida. Asi o equipo mestras/e do noso centro  pon o seu granciño de area para educar ao alumnado e aos maiores neste tema, para o que realizou unha exposición na biblioteca con todo aqueles materiais libros e lemas para traballar  a igualdade e coeducación, elaborano unha gravación na radio de sensibilización e programándose  actividades diversas para o día 25 de novembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario