miércoles, 24 de abril de 2024

Apadriñamento lector no Día Internacional do libro

O martes 23 de abril, Día Internacional do libro, celebrámolo con apadriñamentos lectores, que consiste na lectura dun alumno/a máis maior  a un máis pequeno.


Previamente nas semanas anteriores organizamos as parellas, para que o alumnado soubese a que persoa lle ían ler, tamén tiveron que elixir o libro e ensaiar para ese día.

Así ese día ao finalizar o recreo cando tocou o timbre o alumnado foi  ás aulas a buscar o libro para a lectura e a toalla para sentarse, mentras os de  infantil  esperaban no seu patio. A continuación cada alumno/a foi  buscar ao neno/a ao que tiña asignado e buscaron un sitio axeitado para o seu momento de lectura.

Foi unha actividade satisfactoria para o alumnado, que resultou moi bonita; axudou o  día luminoso e o  noso fermoso patio. 
Todos/as desfrutamos moito deste día en torno á lectura. A continuación deixamos a mostra con estas fermosas fotos!



















No hay comentarios:

Publicar un comentario