Todas as entradas do blogue
25 novembro
8 de marzo
AS FAMILIAS CONTAN
Actividades
Animacion á lectura
Aprendizaxe
Biblioteca creativa
Celebracións
Día do Libro
Escornabot
Letras Galegas
Medio Ambiente
RADIO ESCOLAR
Recomendacións
Violencia
Visita
autores.
banda deseñada
bibliotecas escolares
ciencias
club de lectura
conmemoracións
contacontos
contos na radio
contos na radio. radio na biblio
curtas
discapacidade
diversidade funcional
día da Paz
día da muller e a nena na ciencia
euquedonacasa
familias
formación
igualdade
libros
libros dixitais
libros electrónicos
mochilas
mulleres
poesía
voluntariado
África
Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas
martes, 28 de mayo de 2024
viernes, 4 de diciembre de 2015
Actividades literarias no Culturgal
No Pazo da Cultura de Pontevedra celébrase o Culturgal 2015, este 4, 5 e 6 de decembro , no Pazo da Cultura de Pontevedra.
As actividades literarias destacadas do programa para o sábado 5 son:
– 11:45 h. O recuncho do ebook. Espazo Foro.
– 12:15 h. Presentación revista cultural A Pedreira. Concello de A Lama. Espazo Libro.
– 12:30 h. Concerto presentación do disco libro Sira e o robot. Adventures on Titan, de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira, publicado por Galaxia. Espazo Carpa.
– 12:45 h. Presentación de Romaría de historias, de Xosé Neira Vilas, publicado por Galaxia. Espazo Libro.
– 13:15 h. Recital e conversa con María do Cebreiro (autora de O Deserto) e Gonzalo Hermo(autor de Celebración), promovido por Apiario. Espazo Libro.
– 13:30 h. Presentación dos especiais da Revista Luzes sobre política e cultura. Espazo Foro.
– 16:15 h. Os modos do mármore + 3 poemas, de Ondjaki, publicado por Através Editora. Espazo Foro.
– 16:45 h. Mesa redonda: Literatura de fantasía en galego, promovida por Urco Editora. Espazo Libro.
– 17:00 h. Sinatura de exemplares de O Deserto, de María do Cebreiro e de Celebración, porGonzalo Hermo. No stand de Apiario.
– 17:30 h. Recital poético de Isaac Xubín co poemario Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia, publicado por Kalandraka. Espazo Libro.
– 19:00 h. Recital poético A boca da terra, de Manuel Rivas, publicado por Xerais. Espazo Foro.
– 19:00 h. Presentación da Axenda Feminista 2016. Elas na ciencia, por Lila de Lilith e Observatorio da Mariña pola Igualdade. Espazo Libro.
– 19:00 h. Sinaturas de Érica Esmorís, Andrea Maceiras e Héctor Cajaraville. No stand de Xerais.
– 19:30 h. Conversa con Marcos Calveiro, autor de Fontán (Premio de Narrativa Breve Repsol), Manuel Portas, autor de Lourenço, Xograr (Premio García Barros) e Arantza Portabales (Premio de Novela por Entregas de La Voz con Sobrevivindo), publicados por Galaxia. Conduce o xornalista Tino Santiago. Espazo Libro.
– 19:30 h. Sinatura de Manuel Rivas. No stand de Xerais.
– 20:15 h. Conversa con Érica Esmorís, autora de Nena e o mar (Premio Merlín), Andrea Maceiras, autora de Europa Express (Premio Jules Verne) e Héctor Cajaraville, autor de De remate (Premio Xerais). Conduce o xornalista Tino Santiago. Xerais. Espazo Libro.
– 21:30 h. Dar de contar a quen pasa. Con Candido Pazó, Celso Fernández Sanmartín, María Lado e Lucía Aldao. Espectáculo de pago. Auditorio
miércoles, 26 de junio de 2013
A escola que queremos por F. Tonucci.
Vólvenos a sorprender o psicopedagogo Francesco Tonucci con este discurso claro e grandilocuente sobre o modelo de escola a lograr.
jueves, 16 de mayo de 2013
Cantares Gallegos:150 anos.
Este 17 de maio ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. Por este motivo en todo o país, houbo, hai e haberá actos tentando proxectar a figura e obra rosaliana.
Dende o noso colexio recordámos a Rosalia no día da poesía, pero especialmente no festival das Letras Galegas, que celebramos o día 15, organizado pola Comisión de Dinamización da Lingua Galega, foi un luxo escoitar aos nosos cativ@ con esas voces tan doces, recitar poemas ben fermosos da nosa poeta máis internacional, tamén tivemos música e premios de curtas, narración e poesía dentro dun concurso organizado por esta comisión e por suposto non faltou a referencia a figura de Roberto Vidal Bolaño... en definitiva toda unha homenaxe a Língua.
Para máis información http://aluademos.blogspot.com.es/
Para máis información http://aluademos.blogspot.com.es/
lunes, 8 de abril de 2013
Picasso, 40 anos despois
Un 8 de abril de hai 40 anos, en 1973, faleceu o xenial pintor Pablo Picasso en Mougins, na Costa Azul francesa.
Pablo Diego José Ruiz Picasso foi unha figura excepcional protagonista e creador inimitable das diversas correntes que revolucionaron as artes plásticas do século XX, a súa obra inmensa en número, en variedade e en talento. Ademais foi unha persoa comprometida ca política, estivo afiliado ao partido comunista e apoiou con firmeza ao bando republicano na Guerra Civil .
En 1937 pinta un dos cadros máis célebres e comprometidos "O Guernica" en París.
Se queredes coñecer máis, está a lectura do divertido poema de Carlos Reviejo : Este Picasso es un caso, que nos ofrece o blogue biblioBN da
E.E.I. Barrionovo -Pastoriza
Suscribirse a:
Entradas (Atom)