Yago de 4º foi a aula de primeiro, onde está seu irmán, a contarlle o conto "O tesouro do Pirata Frank"; para a lectura ia acompañado do seu amigo Gael. Este é un libro da editorial Patas de Peixe, cheo de cores e de aventuras. O protagonista cruza o mar, chega á illa, escala as montañas, nada no pantano, sube as escadas e chega a unha palmeira, todo para atopar o famoso tesouro de Pirata Frank.
O alumnado estivo moi atento, xa que neste conto acumulativo de ida e volta a rima e as accións mestúranse. Que divertido e que ben o fixeron!!


No hay comentarios:
Publicar un comentario