O martes 28 de xaneiro reunímonos de novo, nesta ocasión en torno ao libro de Azucre de Bibiana Candia.
Un libro que non nos deixou indiferentes, ante os feitos que narraba: a viaxe de mil setecentos mozos galegos na procura dun futuro mellor en Cuba. Unha historia baseada en feitos reais, que nos descobre un período escuro e triste da nosa historia.
Galiza, mediados do século XIX. O país está cheo de fame e enfermidades. A única saída para os mozos pasa por buscar un futuro mellor en Cuba. Inxenuos pero cargados de ilusión, acabarán traballando nos campos de azucre de Urbano Feijóo de Sotomayor. Pero este empresario non espera traballadores, senón escravos. E é que o seu obxectivo é substituír os escravos africanos por compatriotas novos. Será entón cando descubran que «con sangue se fai o azucre».
No hay comentarios:
Publicar un comentario