miércoles, 14 de febrero de 2018

11 de febreiro: día da muller e a nena na ciencia

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo inspirando e promovendo a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Desafortunadamente, elas seguen enfrontándose a barreiras que lles impiden participar plenamente nesta disciplina. De acordo cun estudo realizado en 14 países, a probabilidade de que as estudantes rematen unha licenciatura, unha mestría e un doutoramento nalgunha materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos é do 37%, 18% e 6%.

Vivimos nun mundo global e diverso onde a igualdade non está conseguida en moitos aspectos, un dos que nos preocupa e ocupa é a brecha de xénero e a tecnoloxía. É por iso que o 27 de novembro, coincidindo co 165 aniversario do falecemento de Ada Byron, presentouse o Manifesto INSPIRA: Abrindo espazos a nenas e mulleres en ciencia e tecnoloxía. 
Manifiesto:
Vivimos nun mundo global e diverso onde a igualdade non está conseguida en moitos aspectos. Un que nos preocupa e ocupa é a brecha de xénero e a tecnoloxía.
Son feitos demostrados que menos mulleres elixen unha profesión tecnolóxica, menos mulleres traballan no mundo científico/técnico, as mulleres chegan a postos de menor importancia e perciben salarios inferiores en postos de igual relevancia.
Estes feitos non se deben a un menor gusto, a unha menor capacitación, a unha inferior vocación, ou a un inferior desempeño. Son os factores sociais, culturais e educativos os que empoderan, recoñecen e incentivan menos ás mulleres que aos homes. Son os estereotipos, procesos de socialización, roles de xénero, machismos ocultos cos que construímos a educación e a sociedade os que fan crer que as mulleres son menos capaces e os que provocan que as mulleres sexan menos valoradas, social e economicamente.
Esta realidade pódese cambiar, e facelo é relevante. Xogámonos moito. E nos concierne á sociedade no seu conxunto e a cada unha das persoas e entidades que a formamos. Este manifesto constitúe un compromiso, das persoas e organizacións que se adhiren a el, de traballar activamente pola igualdade entre mulleres e homes no ámbito científico-tecnolóxico, a través das seguintes liñas de acción:
1. Reflexionar e revisar a falsa crenza de que xa hai igualdade. Coñecer os datos que demostran que esta igualdade aínda non existe e hai moito traballo que facer por conseguila.
2. Recoñecer publicamente que mulleres e homes temos as mesmas capacidades, dereitos e responsabilidades, e merecemos por tanto o mesmo recoñecemento.
3. Dar a coñecer as consecuencias da falta de igualdade existente, e traballar para concienciar á sociedade da necesidade de accións positivas para evitalas, promovendo un sistema científico-tecnolóxico responsable e diverso.
4. Visibilizar ás mulleres científicas e tecnólogas históricas e actuais, pondo en valor o seu traballo e construíndo novos referentes.
5. Reverter os estereotipos sociais, desmitificando as crenzas sobre os roles de xénero; facilitando información sobre as carreiras científicas e tecnolóxicas; e dando a coñecer o amplo abanico de posibilidades profesionais das STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas).
6. Favorecer un contexto social e educativo no que as nenas se vexan animadas, capaces e recoñecidas para que poidan elixir o seu futuro sen condicionamentos.
7.Contribuír ao empoderamiento das mulleres, desenvolvendo accións en todas as dimensións para conseguilo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario