Facendo coíncidir ca data do 11 de febreiro (dia Internacional da Muller e a Nena na Ciencia) quixemos que se visualizará o papel da muller na ciencia polo que se programa a organización dunhas charlas realizada polo Centro Oceanográfico de Vigo, sobre o tema a contaminación marítima.
En concreto serán catro charlas, para os diferentes ciclos, no día 19 de febreiro realizadas por tres mulleres expertas no tema.
Este centro Oceanográfico quixo sumarse á iniciativa do 11 de febreiro que está a fomentar a realización de actividades para conmemorar esta efeméride, visibilizando o traballo das científicas e creando roles femininos nos ámbitos da ciencia que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico. Por este motivo, ao longo do mes de febreiro, ofrecerá vinte e unha charlas en dezanove colexios e institutos das provincias de Pontevedra e A Coruña . Nelas, dezanove mulleres do Centro (científicas, persoal técnico e persoal de administración) tanto a través da súa propia experiencia en investigación, como a través de referentes femininos en ciencia, visibilizarán o papel da muller.
No hay comentarios:
Publicar un comentario